5/09/2017

"Para crecer, moitos libros has de ler"

A árbore que está diante da porta de biblioteca leva por título "Para crecer, moitos libros has de ler". A actividade consiste en ir colocando follas na árbore a medida que ides lendo libros. As cores das follas están relacionadas coa clasificación dos libros de lecer. A folla vermella, infantil; azul, 1º ciclo; amarela, 2º ciclo e verde o 3º ciclo. Para os mestres e persoal non docente,  laranxa. 
E do libro e de follas fala un poema de Carmen, titúlase "O meu amigo" e di así:
Eu teño un amigo fiel
o meu mellor compañeiro
si río, el ri comigo
si choro, chora el tamén.
Que quero voar moi alto?
El préstame as súas ás
e de paso ten coidado
non me magóe ó baixar.
Podo ler entre liñas
do dereito e do revés
nunca me leva a contraria
con el sempre gaño eu.
Nos meus intres da soidade
está sempre preto de min
abríndome as súas follas
dicíndome, estou aquí!
A este caixón de soños
nunca o malpagarei.
Pois no meu libro acotío
eu teño un amigo fiel.
Carmen Sambad Lema


A actividade iniciouse o 25 de abril e rematará a finais de curso.
Felices lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario