5/10/2017

Maratón de lectura

Para disfrutar do Día do Libro, nada mellor que ler e como todos os anos, a maratón de lectura foi a estrela do día. Pasamos todos pola biblioteca, uns lendo e outros escoitando. O libro que lemos este curso é "As viaxes de Gulliver" de Jonathan Swift.
Na hora de ler xuntámonos todos na biblioteca para a entrega dos diplomas:
  • O máis "León": o que máis libros le na biblioteca ( Johana).
  • O máis "Viaxeiro": o que máis libros leva para ler cubrindo o "pasaporte de lectura"( Laura Figueroa).
  • O máis "Contista":o que máis libros conta na actividade "Vaille co conto ao profe"(Saray Ribeiro)
  • O máis "Contista": o  profe que máis libros conta na actividade "Canto conto ten o profe" (Carmen).
Tamén se fixo entrega dun marcapáxinas  a todos os participantes na maratón: alumnado, familias, mestres e personal non docente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario