5/14/2017

Rutas Rosaliana e Abentiana

 O alumnado de 1º e 2º ciclo estrearon o mes das Letras cunha saída cultural a Muxía o martes, 2 de maio. Visitaron  a biblioteca municipal e percorreron as rutas Rosaliana e Abentiana. Guiou a actividade Viki Rivadulla








No percorrido polo pobo  aprenderon moitísimas cousas sobre Rosalía de Castro e Gonzalo López Abente, dous poetas moi vinculados a Muxía, terra literaria e de lendas, como di Viki.
A ruta iniciouse na casa de Leandro Abente, avó do poeta muxián López Abente e onde Rosalía se hospedou no ano 1853, e rematou no Santuario da Virxe da Barca. 
No Monte do Corpiño, Viki contounos a lenda da Buserana.

Neste vídeo podedes ver o percorrido das rutas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario