Empezamos a semana facendo no recuncho da biblioteca unha exposición de lecturas da escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez. Desde que pisou por primeira vez a nosa terra, no ano 1963, namorouse dela sentíndose identificada coa lingua. No ano 1993 declaraba " A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".
O cartel do recuncho elaborouno o alumnado do Voluntariado de lectura e 1º E.P.
María Victoria Moreno from Curuxa Catuxa on Vimeo.
Aquí tedes todas actividades programadas por parte do EDLG e a mestra de música en colaboración co equipo de biblioteca.
Despois da curtametraxe reunímonos no ximnasio e alí gozamos da música e do teatro.
Rematamos os actos da semana das Letras Galegas cun Obradoiro de Cultura Tradicional a cargo do grupo "Abaladeiras de Muxía".
María Victoria Moreno from Curuxa Catuxa on Vimeo.
Aquí tedes todas actividades programadas por parte do EDLG e a mestra de música en colaboración co equipo de biblioteca.
Luns, 14 de maio
Martes 15
A "Chiquitropa" anuncia os eventos do día.
"Pirín- pimpín,
xa estamos aquí.
Pirín- pimpea,
nas Letras Galegas.
Pirín- pimpín,
a Chiquitropa Mozartín"
"Pirín- pimpín,
xa estamos aquí.
Pirín- pimpea,
nas Letras Galegas.
Pirín- pimpín,
a Chiquitropa Mozartín"
Xuntámonos todos na biblioteca para ver a proxección da curtametraxe que se fixo dentro do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos" baseada no libro "Coas mans baleiras" (editorial OQO). Se premes na portada poderás ler o libro.
A Chiquitropa cantou "O rap das Letras"
A orquestra do colexio interpretou "Regueifas a tutiplén"
O grupo de teatro "Cancharrincas" integrado por alumnado de diversos curso representa "A festa no faiado" baseada na obra de María Victoria Moreno.
Mércores 16
"Festa do mar". Obradoiro sobre a pintora muxiana
Viki Rivadulla "Naturezas vivas de Maruja Mallo".
"Festa do mar". Obradoiro sobre a pintora muxiana
Viki Rivadulla "Naturezas vivas de Maruja Mallo".
Rematamos os actos da semana das Letras Galegas cun Obradoiro de Cultura Tradicional a cargo do grupo "Abaladeiras de Muxía".
Ningún comentario:
Publicar un comentario