O noso colexio forma parte da rede de centros que estamos poñendo en marcha o proxecto ELBE.2 de lectura dixital na Biblioteca Escolar.
Para poñer en marcha este proxecto, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dotounos dunha partida económica para así poder contar cun novo recurso en formato dixital que amplía os fondos da nosa biblioteca. Dispoñemos a día de hoxe de 6 libros electrónicos e 4 tablets ( unha delas concedida polo EDL do premio do "Concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva").
Empeza esta andaina o club de lectura de 5º e 6º de E.P. "Papalibros" e o alumnado de 3º E.P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario