10/24/2018

Mochilas viaxeiras



O 24 de outubro,  Día das Bibliotecas escolares, saíron da biblioteca 18 mochilas para as aulas e de aí partirán aos fogares para desfrutalas en familias. 
Van cargadiñas de contos, cómics, revistas, películas...



Dentro de cada mochila vai un listado do material, unha carta para as familias, un díptico de normas de uso e un "Caderno viaxeiro" para que nos contedes se vos gustaron ou non os libros, fagades algún debuxo... 
O Voluntariado de lectura encargouse de repartir as mochilas así como o material de rexistro para os titores

Boa viaxe e feliz Día das Bibliotecas Escolares!
 Infantil 4º-5º
Infantil 6º
1º 2º E.P.
3º E.P.
4ºE.P.
5º E.P.
6º E.P.

Ningún comentario:

Publicar un comentario