10/23/2018

Día da Biblioteca: 24 de outubro

Desde o ano 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da "Asociación española del libro infantil y juvenil" co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada no 1992 durante a guerra dos Balcanes. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de distintas idades coa cultura,e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema  que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018-19.
"A Poesía, din, é a memoria do mundo" Juan Marqués

Ningún comentario:

Publicar un comentario