10/15/2018

Prensa- escola


Este curso o noso centro participa por primeira vez no programa promovido pola Voz de Galicia "Prensa- escuela". 
Inscribíuse neste programa o mestre de 5º E.P. e o seu alumnado. Todos os mércores reciben 10 xornais cun suplemento escolar "La voz de la escuela" con información de interés para entender o xornal e orientacións sobre como enfocar as noticias desde o punto de vista pedagóxico.

Todos os mércores, o alumnado leva o xornal para a súa casa tras telo xa traballado na aula co seu titor.
Os obxectivos do programa son os seguintes:
  • Que o alumnado aprendan a ler a prensa.
  • Que desenvolvan un sentido crítico.
  • Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación do alumnado como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática.
  • Integrar as noticias de cada día como complemento e actualización do libro de texto no currículo escolar.
  • Que o alumnado, ademais de ver os problemas reais que os xornais presentan a diario, se impliquen na súa solución.
  • Que sexan capaces de usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o densenvolvemento das súas aptitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o ocio, o estudio do medio e a inserción en grupos e servicios sociais.
  • Que o alumnado teña acceso ó mundo dos medios de comunicación.
  • Que aprendan a expresar libremente a súa opinión e a debater en grupo os seus problemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario