10/31/2019

Celebración Magosto- Samaín



















Na semana do 23 ao 30 de outubro fixéronse as seguintes actividades relacionadas co Magosto e Samaín:
Actividade PDI: Quen dixo medo?
Campaña de expurgo/ refraneiro Magosto- Samaín:
"Bótanos unha man e leva libros por un refrán"
Alumnado de 4º Infantil recita o poema "O outono"
Elaboramos postais de Samaín
Recibimos postais de Samaín
O mércores 30 de outubro celebramos no noso colexio a festividade do  Magosto - Samaín cun PROGRAMA de actividades moi variado.
Moito maxín no Samaín...
A nosa escola viviu momentos tenebrosos. Escoitábanse os berros polos corredores...Todos os cursos, desde Infantil a 6º E.P.  pasaron pola aula do terror. 
Preme na imaxe para ver fotos.
Aquí tedes o vídeo resumo da aula do terror.

O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º E.P. desfrutou dos "Contos de medo" contados na biblioteca polos compañeiros de 4º, 5º e 6º E.P.
Preme na imaxe para ver a actividade:
Demos remate á festividade do Samaín todos xuntos na biblioteca. Os mestres contaron ao alumnado o conto "O Papón" e entregáronse os diplomas do Concurso de cabazas
Chegou o Magosto...ven con el a desfrutar! 
Empezamos o Magosto despois da Hora de Ler con xogos tradicionais: Castaña-cesto, Tira da corda, Carreira de sacos, Xogo da cadeira, Zancos e A Carreta. Todos os cursos, desde Infantil a 6º E.P.  desfrutaron da actividade
Pasámolo xenial...
E chegou o momento da castañada. 
Preme na imaxe para ver as fotos.
Aquí rematamos esta gran festa na  que compartimos historias, emocións, xogos, castañas... desfrutando dunha extraordinaria convivencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario