Polo Samaín, a nosa biblioteca na Hora de Ler, convertiuse nun lugar terrorífico e ao mesmo tempo acolledor, onde o alumnado desfrutou do conto que contaron os mestres.
"O PAPÓN" foi o conto escollido: a avoa decide prepararlles ás súas netas unha sorpresa na bodega: pan con mel ( esquecera que ese era precisamente o xantar preferido do Papón). As netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e...
Preme na imaxe para ver máis fotos da actividade.
Pasámolo de medo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario