2/28/2020

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA 2020

Cada 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da lingua galega.

O noso colexio celebra o seu aniversario o 28 de febreiro, sumándonos a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega baixo o lema Errantes polo mundo a través de diversas actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega. 
"Adios ríos, adios fontes" de Cantares Galegos é o poema escollido para tratar o tema da migración. 
ACTIVIDADES PROPOSTAS

Semana do 17 ao 21 de febreiro

28 de febreiro

O venres 28 de febreiro celebramos na biblioteca o aniversario de Rosalía de Castro. 
No recreo da mañá houbo un recital de poemas da poeta.
Na Hora de Ler xuntámonos para ver o vídeo "Tempos de Rosalía" e recitar o poema musicado "Adios ríos, adios fontes"
Presentou o acto Shamira, Raquel, Andrea e Jesús,  alumnado do  Voluntariado que está de quenda esta semana.

 "Tempos de Rosalía"
Poema musicado "Adios ríos, adios fontes"

Ningún comentario:

Publicar un comentario