3/25/2020

LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

Agora que dispoñemos de máis tempo na casa, non esquezades que é moi importante ler un pouco cada día. 
Desde a biblioteca queremos compartir con vós, alumnado e familias, uns contos para os máis pequenos que plantexan de forma comprensible o tema do coronavirus.

"Rosa contra o virus" é un conto realizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid para axudar a explicar aos máis pequenos, de maneira clara e sinxela, que é un virus e como xestionar as emocións.



Aquí tedes outro conto da mesma temática, sacado adiante hai poucos días  desde que se estableceu o Estado de Alarma:
 "Coronavirus no es un príncipe ( ni una princesa)"
Escribiuno a periodista segoviana María Coco, coordinado pola periodista salmantina María R. Coco e ilustrado por Sara Ramírez.
As súas creadoras difundíronno gratuitamente, a través das redes sociais e teñen a intención, nos próximos días, de publicar a obra en todas as linguas e idiomas.
Premendo na portada, accederás ao conto.

Outro conto que vos vai gustar moito é "COVIBOOK". Manuela Molina, a autora, creouno para apoiar e tranquilizar aos máis pequenos no que atinxe ao COVID-19. Este libro é unha invitación ás familias a debater sobre o abano de emocións derivada da situación actual.   


Podedes imprimilo para debuxar e colorear. Preme na portada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario