3/23/2020

MARZO, MES DA POESÍA

Como ben sabedes, marzo é o mes da Poesía. Tiñamos previstas unha serie de actividades que non se poden levar a cabo dada a situación excepcional que estamos vivindo.
Unha das actividades que estaba prevista para o 26 de marzo é o Concurso de poesía en voz alta "Oficios en verso" para o alumnado de Primaria.
Os equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua propoñen  levar adiante a actividade, pero na casa.

"#ConcursoNaCasa"

BASES DO CONCURSO:

  • Accede aos poemas AQUÍ
  • Le en voz alta o poema.
  • A familia grava co móbil e manda o vídeo a esta dirección do correo: muinhos.curuxa.gal@gmail.com
  • Haberá un gañador por ciclo. 
  • Tedes de tempo ata o domingo, 30 de marzo.

Cando volvamos á escola, reunirémonos na biblioteca, na Hora de Ler, para a entrega de diplomas e agasallos aos gañadores do concurso.

Esperamos a vosa participación.
 Contamos convosco!
Sorte!

Iremos propoñendo máis actividades así que estade atentos ao blog. 
Seguro que pronto nos veremos pola biblioteca.
 Apertas e moita saúde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario