5/17/2020

LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendemos homenaxe ao escritor, filólogo e profesor Ricardo Carvalho Calero, grazas á colaboración e participación do alumnado e familias.
Carla e a súa familia desfrutaron do conto "As pitas baixo a choiva", un dos máis famosos do escritor e enviaron esta imaxe.
O alumnado de 1º e 2º E.P. fálanos da vida e obra do escritor, a tráves do xogo "Pásoche a pelota e falas de Ricardo Carvalho Calero porque che toca". 
O alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra de Lingua Galega, para conmemorar esta data fixeron unha lectura compartida a través da aplicación Cisco Webex. 
Escolleron "A xente na barreira", a primeira novela en galego publicada na posguerra. 
Len o capítulo "O maragato"
          
O noso agradecemento, unha vez máis, ao profesorado, alumnado e familias por facer posible todo isto,  dándonos a oportunidade de conmemorar, a pesar da distancia,  un día tan importante como o das NOSAS LETRAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario