O vindeiro domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas. A crise do Coronavirus obligou a aplazar esta celebración para o día 31 de outubro.
A pesar dos cambios no calendario de actividades presenciais, a Real Academia Galega ( RAG) quere que o 17 de maio sexa igualmente unha celebración colectiva a través de recursos dixitais, por iso, desde o noso centro, os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega temos unhas propostas para Infantil e 1º- 2º E.P. así como recursos dixitais para o alumnado de 3º a 6º E.P. coa intención de divulgar a figura e obra do filólogo, escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas 2020.
PROPOSTA PARA ED. INFANTIL
"As pitas baixo a choiva" é un dos contos máis famosos do escritor.
A actividade consiste en desfrutar do conto en familia e colorear a imaxe ( no caso de dispoñer de impresora) ou facer un debuxo relacionado coa lectura.
Para imprimir, preme na imaxe:
PROPOSTA PARA 1º-2º E.P.
A actividade titúlase "Pásoche a pelota e falas de Ricardo Carvalho Calero porque che toca".
1.- As familias do alumnado que queira participar na actividade terá que enviar unha mensaxe ao correo electrónico muinhos.curuxa.gal@gmail.com
2.- Recibiredes a través do correo un pequeno texto sobre a vida do escritor.
3.- Teredes que practicar esa pequena lectura.
4.- As familias gravarán un vídeo ao alumnado dicindo ese pequeno texto e o enviarán ao correo electrónico.
5.- Coas gravacións recibidas elaborarase un vídeo que levará o título da actividade.
RECURSOS DIXITAIS PARA ALUMNADO DE 3º-6º E.P.
O alumnado de 3º a 6º E.P. , para que pasedes un bo rato desfrutando en aprendendo cousiñas da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, deixamos aquí estes xogos:
Outros recursos:
Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario