11/17/2020

LETRAS GALEGAS 2020

A Real Academia Galega, por mor do Coronavirus, decidiu aprazar para o día 31 de outubro a Celebración das Letras Galegas dedicada ao filólogo, escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero. 

O pasado mes de maio, durante o confinamento, celebramos as Letras Galegas a través de recursos dixitais e actividades realizadas polo alumnado e mestres. 

Premendo na sinatura de Ricardo Carvalho Calero accederedes ás actividades. 


O 17 de novembro, unímonos de novo a esta celebración, a través da visita de ADELA FIGUEROA PANISSE, alumna de Ricardo Carvalho Calero no colexio Fingoi de Lugo.

A primeira xuntanza foi cos mestres, na biblioteca, onde Adela contou, de forma moi entrañable, detalles da vida de Carvalho Calero así como as súas vivencias persoais como alumna.

O alumnado de 5º e 6º E.P, nas respectivas aulas, tamén desfrutou da visita de Adela, e coñeceu de primeira man, moitos detalles da vida do escritor.
A visita foi organizada por Susana Seoane, coordinadora do ENDL e membro do equipo de biblioteca. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario