2/25/2022

DÍA DE ROSALÍA 2022

Na semana do 21 ao 25 de febreiro conmemoramos o nacemento de  Rosalía de Castro ( 23 de febreiro), poeta de referencia da lingua galega,  a través das seguintes actividades:

VERSOS DE ROSALÍA

Creouse un recuncho na biblioteca para a lectura voluntaria de poemas de Rosalía,  nos recreos da mañá. 
Participou moito alumnado de todos os cursos de E.P. 

luns 21 ( 1º2º E.P.)

Martes 22 ( 3º E.P.)

Mércores 23 ( 4º E.P.)

Xoves 24 ( 6º E.P.

Venres 25 ( 5º E.P.)

"AS CORES DE ROSALÍA" ( PDI)

Premendo na imaxe accederás á actividade.


"#SementadePensamentos"

O ENLG, seguindo o lema da "Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega" propuxo plantar pensamentos, a flor preferida de Rosalía. 

Premendo na imaxe, accederás ás fotos.

"ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES"

Damos remate a esta celebración, o venres 25 de febreiro, cantando todo o alumnado de E.P. o poema "Adios ríos, adios fontes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario