Na vindeira semana, coincidindo coa celebración de Entroido, imos festexar no colexio o DÍA DE ROSALÍA e para tal fin estamos preparando unha actividade relacionada co PDI que se titula "AS CORES DE ROSALÍA".
PROPOSTA BIBLIOTECA: Elaborar un mural colaborativo co poema de Rosalía "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" debuxado e escrito polo alumnado.
- Repartiuse unha estrofa por aula.
- Entregouse modelo ( A2).
- O alumnado deberá debuxar a estrofa e escribila.
O alumnado de Primaria está aprendendo na clase de Música o poema musicado por Amancio Prada.
E para ir poñéndonos a tono, o equipo de biblioteca elaborou unha versión musicada con pictogramas.
Actividade voluntaria: Na biblioteca, na semana do 21 ao 25 de febreiro, nos recreos da mañá, haberá un recuncho de lectura de poemas de Rosalía.
Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario