6/18/2022

OBRADOIRO "ABRAZAR COAS PALABRAS"

O pasado venres 17 de xuño o alumnado de 4º E.P. e as familias desfrutaron dun marabilloso obradoiro da man da escritora, contacontos, cantante e actriz CHARO PITA sobre libros e lectura de viva voz titulado "Abrazando coas palabras".
Con este obradoiro, a relatora pretende que as familias dispoñan de ferramentas adecuadas para poder contar mellor as historias aos seus fillos e fillas. 
Charo Pita enviou por correo unhas propostas bibliográficas para as familias. Desde a biblioteca, comunicamos que fixemos unha compra para que as familias poidan desfrutar destes libros o vindeiro curso escolar. 
O obradoiro realizouse na biblioteca.

Creouse un ambiente moi agradable participando e desfrutando do obradoiro tanto as familias como o alumnado.  
Se queres ver máis fotos, preme na imaxe.

1 comentario:

  1. Como comentario sólo un abrazo,sólo una palabra.Gracias.

    ResponderEliminar