11/12/2013

O Magosto

Hoxe celebramos o Magosto na escola. É unha festa tradicional na que o pasamos moi ben.
A "Chiquitropa Mozartín" presentouse por fin. Percorreron o cole facendo soar os seus instrumentos e enchendo os corredores de alegría. Saímos todos ao patio para escoitar o seu concerto.

 Xogamos ao pano, á goma, a tirar da corda, á mariola, ... Por que non probamos outros días ademáis de hoxe? 
Logo, repartimos as castañas que asaron no forno e sentámonos todos xuntos para comelas.





Na biblioteca temos moitos libros que nos falan do outono, das castañas, e de celebracións coma esta. Ademáis, acaba de chegar un título moi especial: "Tastarabás". Está escrito por Antón Cortizas e recolle moitos xogos tradicionais. Ademáis explica como podemos facer os nosos propios xoguetes, con caixiñas, con follas, con froitos, e mesmo con follas! Sabedes onde atopalo?

1 comentario:

  1. Unha tarde estupenda! Daba gusto velos xogando a mil cousas, pasándoo pipa e nin unha pelota no patio... jajaja. A ver se se animan e xogan máis veces así.

    ResponderEliminar