2/05/2017

Somos a Paz

Outra das actividades que fixemos no mes da Paz foi o arco da vella. 




Hai moitas explicacións científicas e non científicas sobre este fenómemo óptico e meteorolóxico. Dentro das explicacións non científicas hai distintas lendas...
A extensión da preocupación pola paz no mundo, levou á busca de símbolos de carácter universal como, por exemplo, as bandeiras do arco da vella. Hainas en moitas culturas no mundo como signo de diversidade e inclusividade, de esperanza e ambición. 
Como símbolo pacifista empezou a utilizarse, por primeira vez, en Italia alá polo ano 1961. Volveuse popular  coa campaña "Pace di tutti i balconi"(paz desde todos os balcóns) de 2002 que comezou como unha protesta contra a Guerra de Iraq. Calcúlase que en Milán colgáronse máis dun millón desas bandeiras.


E para dar remate á celebración do día da Paz, o 30 de xaneiro xuntámonos todos no vestíbulo e cantamos a canción "Somos a Paz".                                                                            

2 comentarios:

  1. Hola eu son Silvia de cuarto e a min gustame moito o dia da paz conmemorando a GANDHI un dos defensores da paz e tamen pintando o mural . bicos silvia

    ResponderEliminar
  2. Paz en el silencio,
    Paz en la amistad,
    Paz en las palabras.
    Hermosa palabra,
    su solo sonido produce.....PAZ!

    Gracias por vuestra dedicación.

    ResponderEliminar