5/17/2020

LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendemos homenaxe ao escritor, filólogo e profesor Ricardo Carvalho Calero, grazas á colaboración e participación do alumnado e familias.
Carla e a súa familia desfrutaron do conto "As pitas baixo a choiva", un dos máis famosos do escritor e enviaron esta imaxe.
O alumnado de 1º e 2º E.P. fálanos da vida e obra do escritor, a tráves do xogo "Pásoche a pelota e falas de Ricardo Carvalho Calero porque che toca". 
O alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra de Lingua Galega, para conmemorar esta data fixeron unha lectura compartida a través da aplicación Cisco Webex. 
Escolleron "A xente na barreira", a primeira novela en galego publicada na posguerra. 
Len o capítulo "O maragato"
          
O noso agradecemento, unha vez máis, ao profesorado, alumnado e familias por facer posible todo isto,  dándonos a oportunidade de conmemorar, a pesar da distancia,  un día tan importante como o das NOSAS LETRAS.

5/10/2020

PROPOSTAS E RECURSOS LETRAS GALEGAS 2020

O vindeiro domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas. A crise do Coronavirus obligou a aplazar esta celebración para o día 31 de outubro. 
A pesar dos cambios no calendario de actividades presenciais, a Real Academia Galega ( RAG) quere que o 17 de maio sexa igualmente unha celebración colectiva a través de recursos dixitais, por iso, desde o noso centro, os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega temos unhas propostas para Infantil e 1º- 2º E.P. así como recursos dixitais para o alumnado de 3º a 6º E.P. coa intención de divulgar a figura e obra do filólogo, escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas 2020.

PROPOSTA PARA ED. INFANTIL
"As pitas baixo a choiva" é un dos contos máis famosos do escritor.
  
 A actividade consiste en desfrutar do conto en familia e colorear a imaxe ( no caso de dispoñer de impresora) ou facer un debuxo relacionado coa lectura. 
Para imprimir, preme na imaxe:

PROPOSTA PARA 1º-2º E.P.

A actividade titúlase "Pásoche a pelota e falas de Ricardo Carvalho Calero porque che toca".
1.- As familias do alumnado que queira participar na actividade terá que enviar unha mensaxe ao correo electrónico muinhos.curuxa.gal@gmail.com
2.- Recibiredes a través do correo un pequeno texto sobre a vida do escritor.
3.- Teredes que practicar esa pequena lectura.
4.- As familias gravarán un vídeo ao alumnado dicindo ese pequeno texto e o enviarán ao correo electrónico.
5.- Coas gravacións recibidas elaborarase un vídeo que levará o título da actividade.

RECURSOS DIXITAIS PARA ALUMNADO DE 3º-6º E.P.
O alumnado de 3º a 6º E.P. , para que pasedes un bo rato desfrutando en aprendendo cousiñas da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, deixamos aquí estes xogos:
Outros recursos:

Animádevos a participar!

LECTURAS COMPARTIDAS EN CORENTENA

Dos 30 alumnos/as de 5º e 6º E.P. que forman parte do Voluntariado D: "Apadriñamentos lectores", 26 participaron na proposta "Lecturas compartidas en corentena". Todos botan en falta os encontros dos luns e venres na Hora de Ler, compartindo as lecturas cos seus afillados e afilladas de Infantil e 1º-2º E.P., por iso, fíxolles moita ilusión participar na actividade porque, dalgunha maneira,  manteñen o contacto con eles contándolles contos desde as súas casas.
Padriños e madriñas participantes na actividade:
LECTURAS COMPARTIDAS EN CORENTENA
De Adela para Camila e Carla:

 De Adrián para Martín:

De Andrea para Clhoe:

De Antonio para Nerea:

De Brais para Alex e Ainhoa:

De Brais para Paula:

De Candela para Carla e Ainara:

De Carla para Max:

De Emma para Shamira e Dylan:

De Estela para Pedro:

De Iria H. para Antonio:

De Iria S. para Nico:

De Iván para Ana:

De Luc para Claudia:

De Mencía para Iago:

De Noa para Arya e Xoel:

De Paula para María e Mara:

De Sergio para Marina:

De Sheila para Pablo:

De Xavi para Estela:

De Xoel para Thalía:

De Yaiza para Andrés:

De Yasmín para Ainhoa e Jorge:

5/03/2020

PROPOSTA: LECTURAS COMPARTIDAS EN CORENTENA

Para esta primeira semana de maio temos unha proposta para os padriños e madriñas de 5º e 6º E.P. ( Apadriñamentos lectores): 
"Lecturas compartidas en corentena".
A proposta é a seguinte:
- Escolle un conto que teñas na casa adaptado o máis posible a idade do teu afillado/a.
- Dille a alguén da túa familia que che grave contando o conto. 
- Inicia o conto cunha dedicatoria de afecto ao afillado/a ou afillados/as no caso de ter máis de un. Por exemplo: "Este conto ( título) vai con moito cariño, para o meu afillado/a ( nome do neno/a).
- Envía o vídeo ao correo muinhos.curuxa.gal@gmail.com
- Período de entrega: do 4 ao 8 de maio.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración
Animádevos a participar!

FELIZ DÍA DA NAI

Para pasar un bo ratiño en familia desfrutando do Día da Nai, aquí tedes o conto "Mamá" de Mariana Ruíz, Edit. Kalandraka. Este libro témolo na nosa biblioteca.

E aquí tedes unha canción para cantarlles iso de "Quérote máis" de  O Sonoro Maxín.


FELIZ DÍA DA NAI!

5/01/2020

BÓTANOS UNHA MAN E FAI UN VÍDEO CON UN REFRÁN

Grazas á colaboración e participación do alumnado e familias, aquí estamos a 1 de maio, Día Internacional do Traballador, festexándoo cun refraneiro galego que fai alusión aos oficios. 
A sabedoría popular nunca falla, tomemos nota dos seus consellos..




Outros refráns...

Verbas de oficios...
O noso agradecemento ata o infinito e máis... ao  alumnado e familias participantes na proposta, porque todo isto é posible, grazas a  vós.