Amosando publicacións coa etiqueta 2022. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2022. Amosar todas as publicacións

11/02/2022

PREPARÁNDONOS PARA O 25N

O equipo de biblioteca en colaboración co ENDLG e a mestra de Música propón para o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a canción "PALABRAS QUE ABRAZAN" do grupo de música NIUSS con artistas femininas de toda a península, entre elas as "Tanxugueiras". 

A nosa versión é en galego ( traducida polo ENDLG). Cada grupo fai unha estrofa. AQUÍ tedes o reparto.

3/18/2022

CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA EN VOZ ALTA

No mes de marzo, mes da primavera e da poesía, sempre levamos a cabo un Concurso de Lectura de Poesía en voz alta.  Este curso celebrouse na biblioteca, na  semana do 14 ao 18 de marzo. Participaron 50 alumnos e alumnas de 1º a 6º de E.P. 

Colaborou con nós o ENDL facilitándonos o achegamento a un poeta galego, Antonio García Teijeiro, e á súa obra. 

1º2º E.P. ( LUNS 14)
3º E.P. ( MARTES 15)
4ºE.P. ( MÉRCORES 16)
5º E.P. ( XOVES 17)
6º E.P. ( VENRES 18)
A entrega de premios ( un diploma e un agasallo por curso) será nas aulas, o xoves 7 de abril na "Hora de Ler".
Sorte!