Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións

6/05/2014

Vaille co conto ao profe...

Os martes e os xoves, un dos currunchos máis agradables da biblioteca é o de irlle co conto ao profe. É a nosa oportunidade para poder ler en voz alta.
Esta actividade aprendémola do C.E.I.P. "Condesa de Fenosa". Estrela, que estivo no cole hai un ano, axudounos a poñela en marcha. Grazas polo seu exemplo.

6/03/2014

Canto conto ten...

Canto conto ten... on PhotoPeach
 Algúns días durante este curso atopamos na entrada un cartel que anunciaba que algún mestre ou mestra do cole ía ler un conto no recreo. Aurelia, Roberto, Mari, Carmen ou Susana sentaron aquel día na mecedora e contáronnos un conto ... de medo, de risa ou de pura poesía. Moitos de nós escollimos eses contos para levalos a casa e contárllelos aos nosos irmáns, aos nosos pais ou aos nosos amigos, porque nós tamén "temos moito conto"...

9/13/2013

Apertura da Biblioteca

Durante a semana que ven todos poderemos visitar a biblioteca para ir lembrando como podemos aproveitala mellor. A biblioteca é un espazo para ler libros, pero tamén para investigar, para experimentar, para descubrir novas historias a través do cine, a través da música e dos xogos. Podemos utilizar mapas, ordenadores, formas xeométricas,... Podemos xogar ao teatro ou recitar poemas. Podemos "viaxar" a través de libros en tres dimensións. E todo iso está ao noso alcance co noso carné de biblioteca. Visitemos o Niño da Curuxa preparando a apertura do día 23 de setembro. 
Estan son as quendas reservadas polos titores e titoras:
Imos aproveitar ben o tempo, abrir ben os ollos e as orellas, para ver o que hai de novo e o que sigue igual.
Na apertura do curso pasado puidemos ver isto: