Amosando publicacións coa etiqueta tradición oral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradición oral. Amosar todas as publicacións

2/22/2025

CANTAMOS PARA EVA

Recibimos esta semana unha visita moi especial. O equipo da produtora de TV "Miramemira" trasladouse ao noso centro para propoñernos que compuxésemos unhas coplas ao modo da nosa veciña "Eva Castiñeira". Pero non viñeron sos! Traían a compañía de Mondra e Caamaño e Ameixeiras! Con eles achegámonos á tradición oral representada polas cantareiras, que son homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas. Que contenta estaría Eva!