Amosando publicacións coa etiqueta Venres de conto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Venres de conto. Amosar todas as publicacións

6/16/2022

"ELMER" ( VENRES DE CONTO")

María, a nai de Alma de 4º E.P., vai contar "Elmer", conto elixido por Alma e o seu irmán Saúl porque é un dos seus preferidos.

Aí vai. para todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial para Alma e Saúl.
 

6/02/2022

"JERÓNIMO ESTÁ PREOCUPADO" ( VENRES DE CONTO)

 Aure, a nai de Aure de 4º E.P. vai contar un conto para todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial para a súa filla. 

O conto titúlase "JERÓNIMO ESTÁ PREOCUPADO"

5/26/2022

" A QUE SABE A LÚA?" ( VENRES DE CONTO)

Bárbara, a nai de Roi de 4º EP, vai contar un conto para todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial para o seu fillo.

Titúlase: A QUE SABE A LÚA?

5/20/2022

"O GRANXEIRO E O VETERINARIO" ( VENRES DE CONTO)

Antonio, o padriño de Claudia de 4º E.P. vai contar un conto para todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial para a súa afillada. 

O conto titúlase "O granxeiro e o veterinario".

5/13/2022

"A BANDA DE VILACENDOI" ( VENRES DE CONTO)

Ana, a nai de Pedro de 4º e Diego de 5º E.P. vai contar un conto para todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial para os seus fillos.

O conto titúlase "A banda de Vilancendoi".

5/05/2022

"IRIÑA BAILARINA" ( VENRES DE CONTO)

Teresa, a nai de Antonio de 3º E.P. vai contar un conto para todo o alumnado do CEIP "Os Muíños", en especial para terceiro e particularmente para o seu fillo.

O conto titúlase "Iriña bailarina".

4/28/2022

"GAIVOTA GOURMET" ( "VENRES DE CONTO")

Leticia, a nai de Jorge e Ainhoa de 6º Infantil, vai contar un conto para todo o alumnado de CEIP "Os Muíños" e en especial para os seus fillos. 

O conto titúlase "Gaivota Gourmet"

4/26/2022

"VENRES DE CONTO"

Retomamos neste trimestre a actividade lectora das familias "Venres de conto". Como no curso pasado, desenvolverase de xeito virtual. Consiste en escoller unha lectura, gravala e enviala para que todo o alumnado e mestres do colexio poidan desfrutalas os venres, na "Hora de Ler".

Participan na actividade 8 familias, polo que temos cubertos todos os venres desde o 29 de abril ata o 19 de xuño.

O noso agradecemento a todas e todos pola vosa entusiasta colaboración.

6/10/2021

NO BOSQUE ( VENRES DE CONTO)

 Ana, a nai de Pedro de 3º e Diego de 4ºE.P. cóntanos:

5/20/2021

5/13/2021

5/06/2021

"IMOS CAZAR UN OSO" ( VENRES DE CONTO)

 Sonia, a nai de Alex ( 4º Infantil) e Estela ( 2º E.P.) cóntanos:

4/29/2021

"AS TRES CURUXIÑAS" (VENRES DE CONTO)

 Belén, a nai de Gabriel (5º Infantil) e de Nerea (2º E.P.), cóntanos

4/23/2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021

Celebramos o Día Internacional do Libro na semana do 19 ao 23 de abril cun maratón de lectura no que participou alumnado de 1º a 6º E.P., mestres e personal non docente.

As lecturas protagonistas foron

"Bo camiño, Valentiño" ( 1º a 3º E.P.)

"A ecopanda e o misterio do Románico" (4º a 6º E.P.).

Premendo na imaxe, accederás ó maratón de lectura.👍

Despois dunha semana chea de lecturas, chegou o día esperado por todos, o 23 de abril, Día Internacional do Libro. 
O comedor do colexio súmase sempre a esta celebración preparando un delicioso menú relacionado co tema anual.
Na "Hora de Ler", cada curso, na súa aula, escoitou o conto "O traxe novo do rei" contado por Rocío, a mamá de Martín. 
Rematamos esta celebración coa entrega de diplomas e agasallos. María José, coordinadora da biblioteca, foi a encargada de repartilos en cada unha das aulas de Primaria. 
AS MÁIS "LEONAS",  POR TANTAS LECTURAS NA BIBLIOTECA.
OS MÁIS LECTORES NA ACTIVIDADE "VAILLE CO CONTO AO PROFE"
O MÁIS "VIAXEIRO/A", POR TANTOS PRÉSTAMOS.
Tamén houbo agasallos para as mestras que participaron nas actividades "VAILLE CO CONTO AO PROFE" e "CANTO CONTO TEN O PROFE"

4/22/2021

"O TRAXE NOVO DO REI" ( VENRES DE CONTO)

 Rocío, a nai de Martín de 6º Infantil, cóntanos

4/15/2021

"AÍNDA NADA? " (VENRES DE CONTO)

 Leticia, a nai de Ainhoa e Jorge de 5º Infantil cóntanos

4/08/2021

EL POLLO PEPE QUIERE JUGAR ( VENRES DE CONTO)

 José Ramón, o pai de Noa de 4º de Infantil cóntanos

"VENRES DE CONTO"

Iniciamos trimestre coa actividade lectora das familias que se viña facendo anos anteriores. Debido ás circunstancias que estamos vivindo, este curso escolar non se pode facer de forma presencial polo que, desde a nosa biblioteca, invitamos aos papás e mámas a participar na actividade "Venres de conto" que consiste en ler un conto desde a casa e envialo para que o alumnado poida escoitalo os venres na "Hora de Ler".

Participan na actividade 11 familias, polo que temos cubertos todos os venres desde o 9 de abril ata final de curso.

O noso agradecemento a todas e todos que facedes que isto sexa posible.