Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

10/29/2025

LECTURAS DE MEDO

Non te perdas a selección de lecturas que fixemos no Niño da Curuxa para gozar destas tardes de outono. Monstros, curuxas, meigas e bruxas que farán que pases unha tarde de medo...! 


10/15/2023

Lecturas para o tempo de Samaín

Lembra que na nosa biblioteca tés coleccións de contos como estas para gozar do tempo de Samaín.

10/29/2021

CONTACONTOS DE MEDO

A Asociación de Pais e Nais ( ANPA) do CEIP "Os Muíños" en colaboración coa Biblioteca organizou un "Contacontos de medo" para todo o alumnado de Infantil e Primaria. 



O venres 29 celebramos o Samaín. Todo o alumnado desfrutou, en cadansúa aula, dun fantástico contacontos de medo na voz de Isabel,  mestra xubilada que traballou moitos anos no noso centro. 














Isabel elaborou, para todo o alumnado, uns agasallos relacionados cos contos: culleres (Infantil), "Sacapenas" (1º e 2º E.P.) e marcapáxinas ( de 3º a 6º E.P.) 
Remata a sesión de contacontos coa entrega duns agasallos en agradecemento a Isabel.
Fai a entrega Puri, a presidenta da ANPA.

11/09/2017

O medo nos debuxos

Como Samaín é tempo de monstros o alumnado de 2º de E.P. elaborou xunto coa mestra Laura,  na clase de plástica, uns monstros terroríficos. 
Aquí tedes "Os nosos monstros". Botádelle unha ollada. 


OS NOSOS MONSTROS from Curuxa Catuxa on Vimeo.

12/06/2016

Aquí tedes as últimas novidades




















Na  maleta das novidades atoparedes estes libros. Como vedes, hai de todo un pouco, aínda que proliferan os libros sobre viaxes que é o tema deste curso. Felices lecturas.




11/20/2016

Celebración Samaín-Magosto

Un curso máis, coa chegada do outono, celebramos a festa do Samaín - Magosto. Houbo moitas actividades: contos de medo, concurso de cabazas, xogos, castañada, ambientación da biblioteca... 
A nosa biblioteca convertiuse nun lugar terrorífico e ao mesmo tempo acolledor, onde desfrutamos de arrepiantes historias inventadas e contadas polo alumnado de 6º A e 6º B. A verdade é que o pasamos de medo... 


Contamos... Aquí tedes os contos de terror enxeñados e ilustrados polo alumnado de 6º A ("De excursión polo monte") e 6º B ( "O misterioso e aterrador día de Samaín"). 





Recitamos...  


                                                                                                                                                 



E cantamos...
      

11/08/2016

Preparándonos para a 1º celebración deste curso viaxeiro

O venres, 11 de novembro, celebraremos o Samaín e MagostoO cole está que mete medo!! Esta semana foise enchendo de caveiras, pantasmas, bruxas, cabazas,...








10/30/2013

Samaín


Como todos os anos, chegou o Samaín ao C.E.I.P. "Os Muíños". Anunciábase desde hai días polos corredores e as aulas, e por fin hoxe, aínda que non é o día, celebramos o comezo da escuridade. Non é unha data triste, senón o momento de celebrar que comeza unha nova estación, que a Natureza durme agardando a primavera e que xa podemos disfrutar das castañas, das noces, da crema de cabaza...  As familias colaboraron enviando verdadeiras obras de arte que encheron o vestíbulo da escola de cores e carantoñas. E para rematar a xornada, entregáronse os premios ás mellores cabazas, que pola súa orixinalidade e laboriosidade foron escollidas de entre as presentadas en cada ciclo. As fotos verdadeiramente non lles fan xustiza.

Se queredes ver a fabulosa cantidade de cabazas presentadas, botádelle unha ollada a este video:

10/30/2009

Cabazas, caliveras, Samaín!

Chega o outono, as follas cubren o chan, medran as castañas, ven o frío, e a noite se estende sobre a Terra..... Chegan as cabazas!!! No cole, grazas á colaboración das familias, podemos ver ata onde é capaz de chegar a imaxinación. Comeza a festa das cabazas.