Amosando publicacións coa etiqueta Día da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da biblioteca. Amosar todas as publicacións

10/24/2025

HOXE É O NOSO DÍA, O DÍA DA BIBLIOTECA

 Hoxe foi un día moi especial no Niño da Curuxa. Rematamos as reformas dentro do espazo da biblioteca e puidemos recibir a representantes da Consellería, das familias a través da ANPA, dos mestres e mestras da escola e dos libreiros, representados por Dimas Búa, o libreiro de "Arroutada".  Desafortunadamente, por problemas de axenda, non puido estar presente a Directora Xeral de Ordenación e Innovación educativa, as representantes da "Librería Ler" ou Mirian Carril, responsable da Biblioteca Municipal. Sabemos que, en canto poidan, van vir visitarnos tamén. 

Os dez voluntarios e voluntarias do noso cole foron os guías da visita, e explicaron aos asistentes como funciona cada un dos espazos da biblioteca. Foi unha mañá moi agradable na que todos e todas estabamos felices polo traballo realizado. Que mais se pode pedir?


Grazas a todos e a todas os que viñestes a compartir este día con nós. E grazas moi especiais ao noso equipo de Voluntariado polo seu excelente traballo. 




10/23/2025

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Desde 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove a celebración do Día da Biblioteca, en conmemoración do incendio da Biblioteca de  Saraxevo durante a Guerra dos Balcáns, en 1992.  Despois deste brutal ataque, o médico e historiador croata Mirko D. Grmek acuñou o termo memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do “outro”, do adversario, do inimigo. (1)

Neste ano, o lema escollido é "Contra a desinformación", tendo en conta que nas bibliotecas podemos atopar a resposta a todas as preguntas e dúbidas que se nos plantexan diante de noticias falsas. Segundo o manifesto IFLA-UNESCO sobre bibliotecas escolares :

"Nun contexto onde a información evoluciona rapidamente e as novas tecnoloxías conlevan oportunidades e desafíos, o rol da biblioteca escolar na colaboración activa para fomentar a alfabetización, o pensamento crítico, a creatividade e a cidadanía global a través dunha educación inclusiva e equitativa é máis importante que nunca". (2)



Mañá, 24 de outubro, celebraremos un Día da Biblioteca especial. Imos darlle o toque final á nosa reforma, que nos leva ocupando os últimos 4 anos, e recibiremos nela a persoas que estiveron acompañándonos no proceso, desde a Administración Local ata a a Administración Autonómica. 

Para que todos participemos dun xeito ou doutro, propuxemos que pensásedes nunha situación nova: "Que pasaría se non tivésemos a biblioteca?"

Agardamos polas vosas respostas, que van ser expostas tamén no interior da biblioteca. 


(1): https://www.biblogtecarios.es/luciadominguez/24-de-octubre-dia-de-la-biblioteca/

(2): https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1843



10/23/2017

Día da Biblioteca: 24 de outubro

 Así celebramos nós o 24 de outubro:

- "Mercadiño de outono": Dado que fixemos varias compras no que levamos de curso, vémonos na obriga de desfacernos de exemplares que levan moito tempo na biblioteca para facer sitio para as novas adquisicións. Iso é o que se coñece co nome de Expurgo.
Dado que o Magosto está a caer e é tempo de castañas, pensamos en facer un "Mercadiño de outono" para as familias: vendemos libros a prezo de cinco castañas. Xa iremos contando como saíu o "negocio"...


- 1º Reunión do "Voluntariado A" na biblioteca : explicación, normas, contrato, carnés...


- Lecturas recomendadas para Magosto - Samaín:



- Na festa Magosto-Samaín que celebraremos o 31 de outubro contaremos contos de medo na biblioteca: 3º conta a Infantil; 4º a 1º; 5º a 3º; 6º a 4º e os mestres a 5º e 6º.

- Reunión do equipo de biblioteca para tratar o Proxecto Documental deste curso escolar: A Música.