Xa chega o Nadal. Temos o cole adornado con motivos navideños: os bonecos de neve, os Reis Magos, Papá Noel, os renos, as árbores de Nadal... Todos están tamén recollidos nos libros. Presentamos algúns exemplares dos que temos á vosa disposición na biblioteca. Non esquezades aproveitar o tempo para construir adornos sinxelos... temos libros que nos ensinan a facelo na biblioteca.
Eran estas as primeiras palabras que aprendíamos a ler... E quedaron para sempre impresas no libro da nosa vida. Os nenos, na escola, preparan pequenos agasallos para a súa mamá...
Antonio García Teijeiro di no seu "Unha chea de aloumiños":
"Os tesouros dos rapaces
son inxenuos e sinxelos.
Os tesouros dos maiores
son ruíns e medoñentos".
Unha pequena mostra: os nenos e as nenas de 1º prepararon fermosos cadros para as súas mamás.
En 5º fan de artesáns e preparan xoieiros e colgapendentes coas súas sabedoras mans...
Non hai mellor poema que este que todos lembramos, igual que os aloumiños de mamá:
Para celebrar a chegada do outono, facemos un magosto no cole. Pero, antes de nada, creamos ambiente. O cole está cheo de castañas do máis orixinal. Dentre elas, as mellores levarán un agasallo. Ti cal escollerías?