Canto conto ten... on PhotoPeach
Algúns días durante este curso atopamos na entrada un cartel que anunciaba que algún mestre ou mestra do cole ía ler un conto no recreo. Aurelia, Roberto, Mari, Carmen ou Susana sentaron aquel día na mecedora e contáronnos un conto ... de medo, de risa ou de pura poesía. Moitos de nós escollimos eses contos para levalos a casa e contárllelos aos nosos irmáns, aos nosos pais ou aos nosos amigos, porque nós tamén "temos moito conto"...
Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura b>. Amosar todas as publicacións
6/03/2014
4/11/2013
"Mecanoscrito da segunda orixe"
Preparando a reunión do Clube de Lectura sobre "Mecanoscrito da Segunda Orixe" atopámonos con esta sorpresa: unha versión audiovisual da obra.
Afortunadamente, cadaquén ten a súa imaxe de Alba e Dídac. Cal é a túa?
Etiquetas:
ciencia ficción,
clube de lectura,
fomento da lectura
3/03/2013
"Queremos ler" tamén na radio
Na vida diaria dun centro de ensino poden vivirse momentos estresantes, noutros casos caemos na rotina, pero con frecuencia vémonos compensados con situacións doces coma esta. Saber que o que sementamos recóllese algún día en abudancia, saber que hai continuidade entre o traballo da escola e o traballo da casa (e viceversa). Un exemplo é o que está a suceder cos clubes de lectura. Xurdiron os tres, non por impulso da biblioteca, do centro, senón porque era unha necesidade das "mamás" ("Lemos no niño"), do alumnado do segundo ciclo ("A chispa da lectura") e do primeiro ciclo ("Queremos ler"). É necesario difundir estas iniciativas, porque na escola pasan cousas moi boas que son pouco coñecidas, e por iso é de agradecer que medios como "Radio Nordés", ou "Que pasa na costa" se fagan eco das novas que lles enviamos. A todos, unha vez máis, grazas.Tedes aquí a entrevista de Lucía, a alumna de primeiro que pelexou duramente para crear "Queremos ler":
Etiquetas:
clube de lectura,
fomento da lectura,
visibilidade
2/23/2013
Apadriñamentos lectores
Para unha presentación así sobran as palabras:
Apadriñamentos lectores on PhotoPeach
Apadriñamentos lectores on PhotoPeach
Etiquetas:
apadriñamentos lectores,
fomento da lectura
"Queremos ler"
O pasado xoves, día 21 de febreiro, celebramos na biblioteca a primeira reunión do clube de lectura "Queremos ler", impulsado por unha das alumnas de 1º. Despois de repartir os carnés do clube, empezamos a comentar a experiencia coa lectura dos libros de Anxo Fariña, que fixeran na clase na "Hora de ler". Todos os compoñentes do clube disfrutaron cos libros escollidos, desde a serie "Antón e Pompón" ata "O ladrón de palabras" ou "As linguas dos animais". Sen embargo, todos estiveron dacordo en que preferían outro tipo de lectura: en vez de compartir a obra dun autor dixeron: "Queremmos un libro longo, o mesmo para todos, como os maiores".
Pero no Niño sempre hai sorpresas e... claro que podemos ler todos o mesmo libro! E ademais con compañía extra! No C.E.I.P. "Cedeira" de Redondela, en Pontevedra, acaban de ler o mesmo libro que imos ler nós: "Perico, o cangrexo".
No C.E.I.P. Cedeira tamén escolleron como tema o mar, e teñen un blog no que podemos entrar para ver o que están aprendendo. Este blog chámase "Caramuxo"... Pero que será un caramuxo? Aquí están todos os compoñentes do clube dispostos a empezar unha nova lectura, coa súa perigosa arma na man: un libro!
Etiquetas:
clube de lectura,
fomento da lectura
2/09/2013
Anxo Fariña e "Os Megatoxos"

Este xoves xuntouse por fin a "Chispa da Lectura" , o clube de lectura de 4º e 5º. Estivemos tan ocupados que nin puidemos tomar unha foto decente.
Case todos traían na man o seu exemplar de "Os Megatoxos", e coñecían de pe a pa os personaxes, as súas andanzas e mesmo os seus defectos! Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe entraron xa no Niño para quedarse. Para achegarnos máis á figura do seu autor, temos un folleto "interactivo". Para os artistas hai un curruncho de debuxo. Será fácil imitar a Anxo Fariña e os seus deseños?
Etiquetas:
clube de lectura,
debuxo,
fomento da lectura
Kalandraka contou contos
Tal como prometeran, Patricia e Álex visitaron O Niño da Curuxa esta semana. Viñeron cheos de contos e música para compartir, e ben se ve que conseguiron alegrar a mañán a pequenos e grandes.

Todos notaron a Patricia algo cambiada, porque estaba guapísima co seu abrigo novo. Un abrigo cheo de petos, como o do conto "Os petos de Loreto": "Hai petos e petos. Os de Loreto non teñen fondo: bucinas, sombreiros, xeados,...".
Tamén soubemos da "Galiña roxa", que "atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan,... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron a facer este traballo".
E aínda que non queriamos que marchasen, Patricia e Álex tiveron que contar o último conto: "Crictor". Ninguén de nós sabía que "o mellor amigo do home non ten patas, nin pelo, nin ladra...".
Aínda que Patricia e Álex xa marcharon contar contos por outros coles de Galicia, deixaron aquí os libros que trouxeron da fábrica dos contos. Todos podemos disfrutalos cada vez que queiramos. Vaia sorte temos!

Todos notaron a Patricia algo cambiada, porque estaba guapísima co seu abrigo novo. Un abrigo cheo de petos, como o do conto "Os petos de Loreto": "Hai petos e petos. Os de Loreto non teñen fondo: bucinas, sombreiros, xeados,...". Tamén soubemos da "Galiña roxa", que "atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan,... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron a facer este traballo".
E aínda que non queriamos que marchasen, Patricia e Álex tiveron que contar o último conto: "Crictor". Ninguén de nós sabía que "o mellor amigo do home non ten patas, nin pelo, nin ladra...".Aínda que Patricia e Álex xa marcharon contar contos por outros coles de Galicia, deixaron aquí os libros que trouxeron da fábrica dos contos. Todos podemos disfrutalos cada vez que queiramos. Vaia sorte temos!
Etiquetas:
contacontos,
contos,
fomento da lectura
2/03/2013
A fábrica dos contos ven visitarnos
O luns, día 4 de febreiro teremos na biblioteca a Patricia e Álex, os contadores de Kalandraka. Enviaron xa unha carta para anunciar a súa visita,e e estamos agardando, coma sempre, con moita impaciencia. Patricia e Álex contan e cantan, e é unha sorte para todos, porque así disfrutamos moito máis da lectura dos contos que nos gustan.
Etiquetas:
contacontos,
fomento da lectura,
música
1/30/2013
A Chispa da Lectura: "Os Megatoxos e o aprendiz de druída"
Despois dunha viraxe vertixinosa (cambiamos a opción "Juegos del Hambre" por "Megatoxos") xa estamos en marcha co clube de lectura.
Grazas á biblioteca do C.E.I.P. "Vales Villamarín" , de Betanzos (que nos prestou os libros), e á biblioteca do Fórum Metropolitano de A Coruña, que serviu como punto de intercambio, xa temos aquí 24 exemplares!
Os membros de "A Chispa da Lectura" xa viaxan con "Os Megatoxos e o aprendiz de druída". Este libro foi o inicio da serie máis coñecida de Anxo Fariña, e dá nome tamén ao seu blog: "OS MEGATOXOS".
Anxo Fariña recibiu o Premio Merlín no ano 2011 polo seu libro "A chave da Atlántida", que entrará nestes días no noso Niño.
1/21/2013
Maria Fumaça
Chega á nosa biblioteca Maria Fumaça, este tren cheo de alegría que ven do Brasil repartindo compases de felicidade. Segundo extraemos da publicación de "El Correo Gallego", a idea da elaboración desta obra xurdiu dos agasallos en forma de música que recibía Rui, un neno con parálise cerebral entusiasta da música de Uxía, Magín Blanco, Tanxarina Teatro, Carlos Blanco...
Unha vez máis o desexo de compartir fai que chegue a nós esta locomotora de bós desexos.
Pero, sabedes o que é "María Fumaça"? Unha fermosa locomotora que aínda se move hoxendía polo Brasil adiante. Mirade o que atopamos no youtube:
Para que vaiades disfrutando do contido do libro, aquí tedes un adianto:
Pero, sabedes o que é "María Fumaça"? Unha fermosa locomotora que aínda se move hoxendía polo Brasil adiante. Mirade o que atopamos no youtube:
Para que vaiades disfrutando do contido do libro, aquí tedes un adianto:
"A chispa da lectura"
Este é o nome co que os compoñentes do noso clube de lectura quixeron bautizar o grupo. E aquí estamos, aínda que con algo de retraso, para comezar coas nosas lecturas. Somos os de sempre (4º e 5º este curso), con algunha "pequena" incorporación.
Por se alguén o dubidaba, somos un feixe de "valentes" e imos atrevernos cun desafío importante: "Los juegos del hambre". Esta é unha novela escrita por Suzanne Collins e publicada no 2008 que está ambientada nun hipotético futuro. Ten 395 páxinas cheas de aventura. Agardamos impacientes a súa chegada para "devorala". Seguiremos informando...
Etiquetas:
clube de lectura,
fomento da lectura
1/20/2013
Fina Casalderrey, na Academia Galega
O plenario da Real Academia Galega da Lingua ven de decidir que escritora Fina Casalderrey ocupe unha das cadeiras da institución. É unha das autoras galegas con maior número de obras publicadas, que están traducidas a idiomas como o portugués, castelán, catalán, éuscaro, bretón,... Foi galardoada co Premio Nacional de Literatura por "O misterio dos fillos de Lúa", e tamén co premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil, por "O estanque dos parrulos pobres".
Para nós é unha noticia moi importante porque é unha escritora adicada á literatura infantil, os libros que máis lemos na escola. Coñecemos a súa obra e disfrutámola a cotío. Queremos felicitar a Fina por esta boa nova, e felicitarnos a nós mesmos porque temos a sorte de contar cunha boa selección das súas publicacións na nosa biblioteca.
Para ir abrindo boca, podedes ver aquí as portadas. Fina Casalderrey na biblioteca on PhotoPeach
Para nós é unha noticia moi importante porque é unha escritora adicada á literatura infantil, os libros que máis lemos na escola. Coñecemos a súa obra e disfrutámola a cotío. Queremos felicitar a Fina por esta boa nova, e felicitarnos a nós mesmos porque temos a sorte de contar cunha boa selección das súas publicacións na nosa biblioteca.
Para ir abrindo boca, podedes ver aquí as portadas. Fina Casalderrey na biblioteca on PhotoPeach
1/14/2013
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están circulando dúas mochilas viaxeiras en cada aula. Chegan ás casas cunha selección de libros, películas ou música para disfrutar en familia. Encantarínos poder observar por un buratiño como abrides na casa a mochila, e como recibides o que enviamos. De momento, conformámonos cos vosos comentarios no caderno. Son os que alimentan as nosas gañas de compartir o pracer de ler.
Aquí tedes unha mostra dos comentarios feitos polas familias de infantil o curso pasado. Grazas por devolvernos tantas palabras fermosas.
10/29/2012
Lecturas de outono
Chegou o outono, e con el o Samaín, a festa que dá entrada á escuridade, o frío e o misterio. Afortunadamente, a pesares de todo isto, e tamén dos "recortes" aínda nos quedan gañas para transformar os medos en risas, ou polo menos nun sorriso.
Celebramos o Samaín cunha exposición de cabazas. Avoas e mamás esmeráronse este ano, e temos unha completa mostra. Pero non todo van ser cabazas. Na biblioteca escollemos lecturas para este tempo de outono. Lecturas sobre os medos, sobre o frío, sobre as bruxas, os trasnos e as meigas, sobre as castañas, sobre lendas e mitos. Lecturas de outono. Lecturas para todos.
Pásate polo curruncho da biblioteca e escolle o libro que máis che conveña. Non esquezas dicirllo á "MEIGA" do ordenador.
Etiquetas:
cabazas,
castañas,
celebracións,
fomento da lectura,
lecturas,
magosto,
medo,
outono
12/14/2011
Lemos no Niño
Aínda que no curso pasado o "Clube de Lectura" foi algo cativo e "virtual", queremos retomar o vello costume de vernos as caras, convidando a máis familias a participar do pracer da lectura. Aproveitemos a oportunidade para achegarnos ás lecturas dos nosos fillos e fillas, e para disfrutar nós, tamén, lendo.
Etiquetas:
familias,
fomento da lectura,
lecer
7/09/2010
Preguntas do corazón
Desde "Trafegando ronseis" chéganos este precioso video.
O amor é para sempre?
Por que non podo facer amigos?
Como podo superar isto (estar no paro)?
Como podemos encher o noso niño baleiro?
Calquera pregunta atopa resposta na biblioteca. Pregunta.
Questions of the Heart from Rachael Harrington on Vimeo.
O amor é para sempre?
Por que non podo facer amigos?
Como podo superar isto (estar no paro)?
Como podemos encher o noso niño baleiro?
Calquera pregunta atopa resposta na biblioteca. Pregunta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






