Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións

12/21/2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

O luns, 21 de decembro, saíron da biblioteca 16 mochilas para as aulas e de aí partirán aos fogares para desfrutalas en familia.Van cargadiñas de contos, cómics, revistas, películas...
Dentro de cada mochila vai unha carta para as familias, un díptico de normas de uso e un "Caderno viaxeiro" para que expresen por escrito ou de forma visual as súas impresións sobre o contido da mesma. 
INFANTIL
PRIMARIA

10/24/2018

Mochilas viaxeiras



O 24 de outubro,  Día das Bibliotecas escolares, saíron da biblioteca 18 mochilas para as aulas e de aí partirán aos fogares para desfrutalas en familias. 
Van cargadiñas de contos, cómics, revistas, películas...



Dentro de cada mochila vai un listado do material, unha carta para as familias, un díptico de normas de uso e un "Caderno viaxeiro" para que nos contedes se vos gustaron ou non os libros, fagades algún debuxo... 
O Voluntariado de lectura encargouse de repartir as mochilas así como o material de rexistro para os titores

Boa viaxe e feliz Día das Bibliotecas Escolares!
 Infantil 4º-5º
Infantil 6º
1º 2º E.P.
3º E.P.
4ºE.P.
5º E.P.
6º E.P.

10/16/2017

Mochilas que van e veñen e veñen e van


As "Mochilas viaxeiras" xa están listas para iniciar a súa andaina. O mércores, 11 de outubro, saíron da biblioteca 20 mochilas para as aulas e de aí partirán aos fogares para disfrutalas en familia. Van cargadiñas de contos, cómics, revistas, películas...
Dentro de cada mochila vai un listado do material, unha carta para as familias, un díptico de normas de uso e un "Caderno viaxeiro" para que anotedes as vosas reflexións, opinións... sobre os libros lidos.
Recordade que é moi importante coidar ben do material que vai na mochila e entregala na data acordada para que  poida disfrutala outro compañeiro. 

Felices lecturas!