Amosando publicacións coa etiqueta Concurso de Lectura de Poesía en voz alta.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso de Lectura de Poesía en voz alta.. Amosar todas as publicacións

3/19/2018

Concurso de lectura de Poesía en voz alta

O luns, 19 de marzo, celebramos na biblioteca o VI Concurso de lectura de Poesía en voz alta. Contamos con 34 participantes que se esmeraron en ler en voz alta con fluidez e expresividade. A diferencia doutros anos, neste concurso a lectura foi a primeira vista, os participantes leron os poemas sen preparación previa. 
Os poemas seleccionados para o concurso foron os seguintes:
  • 1º ciclo:
QUE CONTENTO ESTÁ XAN 
Que contento está Xan
co seu novo acordeón
e non para de tocar
un a un os botóns.
Que contento está Xan
co seu novo acordeón
e non pode parar
SI, RE, LA, MI, FA, DÓ.
Olga Brañas ( album Pitusa Semifusa)

  • 2º ciclo:
Un día díxome ao oído
unha frauta presumida,
"sentiches os meus biquiños
que adornan as sinfonías"?
A esa frauta impertinente
contesteille moi en serio:
"eu prefiro as frautas vellas
que tocan aires sinceros".
A frauta viroume as costas
nin un adeus pronunciou
notei a rabia nas notas 
cando na rúa soou.
Antonio García Teijeiro



  • 3º ciclo:
TOCA, ARA, TOCA
Toca, Ara, toca,
miña nena fermosa,
toca melodías
lindas e mecosas.
E coas xemas dos teus dedos,
que bonito punteas!
Melodía na man dereita,
harmonía na esquerda.
Toca, Ara, toca
con viola ou zanfona,
con saxo tenor
que soe en La menor.
A arpa ten cordas:
as curtas son agudas
graves son as longas
e soan todas xuntas.
Dame, Ara, dame
esta doce canción
e dareiche a chave
do meu corazón.

                                           Olga Brañas ( album Pitusa Semifusa)