Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións

3/15/2016

A poesía de Xosé Iglesias


Este é Xosé Iglesias. É patrón de pesca pola Universidade Laboral da Coruña e Capitán de Pesca pola de Vigo. Traballou de patrón de costa moitos anos, e agora mesmo é patrón e armador do Primeiro Villar, que amarra nos peiraos da Coruña (información extraída da lapela de "Transfusión oceánica" publicado pola editorial Caldeirón). 
O poema que el mesmo recita neste video, titulado "Nove metros" fala do seu barco (ten nove metros de eslora), que é tamén a súa vida. Todo o seu poemario trata do mar, calmo ou enfurecido, xeneroso ou egoísta, e dos homes e mulleres que viven grazas a el. 
Se che gustou este recitado, podes consultar máis na súa canle de youtube, ou lelos nesta breve escolla

6/05/2013

Memoria de abril

Agora que remata o curso chega a hora de facer memoria. É unha boa oportunidade para dar as grazas a quen colaborou con nós desinteresadamente. Quede aquí constancia do noso agradecemento a Ramón Rey, que prestou prezados tesouros da súa vida para que todos comprendésemos mellor aquilo que Verne contaba sobre a vida no mar. Sen o seu agasallo nen libros nen historias serían o mesmo.

1/24/2013

Nove metros

E xa que este ano estamos falando tanto do mar... como resistirnos a publicar isto? Poesía no medio do mar, no barco, por boca dun mariñeiro. Pódese mellorar o menú?



 

 Grazas a Olga, por compartilo.

1/03/2013

Concurso de Colgaportas

Aqui tedes a desexada exposición do concurso de Colgaportas deste Nadal. 

Empezamos polos pequerrechos, o alumnado de INFANTIL.

Os de 3 anos: Colgaportas 3 anos on PhotoPeach
 E os de 4 e 5: Infantil 4 e 5 anos on PhotoPeach
 O alumnado do 1º ciclo: Colgaportas 1º Ciclo on PhotoPeach
 Os alumnos e alumnas de 3º A: 3º A on PhotoPeach
 E os de 3º B: 3º B on PhotoPeach
 Aquí vai o álbum de 4º: Colgaportas 4º on PhotoPeach
 E as creacións de 5º podedes velas embaixo:
Colgaportas 5º Primaria on PhotoPeach
 O álbum de 6º podedes velo aquí: Colgaportas 6º Primaria on PhotoPeach
 E nesta presentación podedes ver os gañadores de cada ciclo: 
Gañadores on PhotoPeach
 
A todos e a todas, moitas felicitacións pola vosa imaxinación!