Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións

6/05/2013

Memoria de abril

Agora que remata o curso chega a hora de facer memoria. É unha boa oportunidade para dar as grazas a quen colaborou con nós desinteresadamente. Quede aquí constancia do noso agradecemento a Ramón Rey, que prestou prezados tesouros da súa vida para que todos comprendésemos mellor aquilo que Verne contaba sobre a vida no mar. Sen o seu agasallo nen libros nen historias serían o mesmo.

11/09/2009

Visitar unha exposición

Ás veces é moi importante saber como nos ven os demais. Visitando a exposición de Ruth Matilda Anderson podemos averiguar como vía aos galegos que fotografou alá polo 1925. Ela era noviña, e seguro que aínda andaba a estrear a súa cámara. Pero soubo captar de xeito sorprendente a dignidade e o esforzo dos nosos avós e bisavós. A foto que tedes embaixo foi tomada nos montes de Carnota. Son un grupo de mulleres que volven cargadiñas con mercancía. Se tedes oportunidade achegádevos ao Cantón Grande da Coruña. Alí está a Fundación Caixa Galicia. A exposiciòn estará aberta ata mediados de febreiro. Máis información pinchando aquí.