Os eventos importantes teñen dúas partes principais: a preparación e a celebración. Pensamos que a primeira é a máis emocionante, porque marca o camiño para chegar á segunda! Por iso, imos dedicarlle un capítulo exclusivo. Celebramos o 187º aniversario de Rosalía de Castro!
Amosando publicacións coa etiqueta celebración b>. Amosar todas as publicacións

2/25/2024
3/12/2017
Entroido
Etiquetas:
celebración,
entroido,
Lecturas de entroido
3/06/2017
Conmemorando a Rosalía
O aniversario de Rosalía é unha data importante no noso calendario, non so por lembrarnos dela, senón senón tamén de todo o que escribiu.
Etiquetas:
24 de febreiro,
celebración,
poesía,
Rosalía de Castro
1/23/2017
30 de xaneiro, día da Paz
O 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a Paz", conmemorando a morte dun dos maiores defensores da Paz: Gandhi.
No recuncho da entrada da biblioteca tedes unha selección de libros sobre o tema con mensaxes de tolerancia, amizade, diversidade e respecto.
Hai lecturas para todas as idades... Desfrutádeas.

Faremos unha serie de actividades para rememorar esta data:
Cada curso farase cargo dunha cor representada por unha imaxe. É moi sinxelo, prestade atención.
A cor de infantil será a vermella e representaranna a través de corazóns. Esta cor figura a pasión, o amor e a vida.
A de 1º e 2º será a amarela que personalizarán con cariñas felices. Esta cor expresa alegría e felicidade.
A 3º tocoulles a cor verde que caracterizarán a través de árbores. Esta cor manifesta esperanza, paz, saúde, vitalidade; por outro lado simboliza natureza, crecemento, renovación e plenitude.
Os de 4º farán nubes xa que a súa cor é azul. Esta cor representa a tranquilidade, a calma, harmonía e paz espiritual.
Chega a quenda de 5º coa cor laranxa simbolizada con flores. Esta cor axuda a transmitir enerxía positiva polo que significa prosperidade, vitalidade, entusiasmo e alegría.
A 6ºA tocoulles a cor violeta que representarán a través do símbolo contra a violencia de xénero. É unha cor ligada ao mundo espiritual e máxico. Proporciona a purificación do corpo e a mente; é tamén unha cor que se conecta coa paz e a búsqueda do equilibrio interior. E finalmente, 6ºB fará uns bonecos formando unha cadea humana utilizando a cor índigo. Cor que comunica sinceridade e respecto; tamén simboliza fantasía e soños.
Está exposta diante da porta de biblioteca. Á dereita do mural hai unha mesiña con material diverso para escribir e debuxar. Pódese facer directamente sobre o mural ou sobre papel. Se vos decantades por esta segunda opción, cando teñades o traballo feito, podedes pegalo no mural.
O primeiro que tedes que facer é buscar información para investigar quen é o autor da frase.
En canto o saibades escribide o seu nome no mural.
A partir de aí pódense facer debuxos do autor, frases, reflexións... o que queirades. O límite pono a vosa imaxinación.
Grazas pola vosa participación.
- Arco da vella. Como ben sabedes, as cores do arco da vella son sete: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, índigo e violeta. Sempre aparecen na mesma orde e cada unha ten un significado propio.
Cada curso farase cargo dunha cor representada por unha imaxe. É moi sinxelo, prestade atención.
A cor de infantil será a vermella e representaranna a través de corazóns. Esta cor figura a pasión, o amor e a vida.
A de 1º e 2º será a amarela que personalizarán con cariñas felices. Esta cor expresa alegría e felicidade.
A 3º tocoulles a cor verde que caracterizarán a través de árbores. Esta cor manifesta esperanza, paz, saúde, vitalidade; por outro lado simboliza natureza, crecemento, renovación e plenitude.
Os de 4º farán nubes xa que a súa cor é azul. Esta cor representa a tranquilidade, a calma, harmonía e paz espiritual.
Chega a quenda de 5º coa cor laranxa simbolizada con flores. Esta cor axuda a transmitir enerxía positiva polo que significa prosperidade, vitalidade, entusiasmo e alegría.
A 6ºA tocoulles a cor violeta que representarán a través do símbolo contra a violencia de xénero. É unha cor ligada ao mundo espiritual e máxico. Proporciona a purificación do corpo e a mente; é tamén unha cor que se conecta coa paz e a búsqueda do equilibrio interior. E finalmente, 6ºB fará uns bonecos formando unha cadea humana utilizando a cor índigo. Cor que comunica sinceridade e respecto; tamén simboliza fantasía e soños.
- Canción "Somos a Paz". A mestra de música fixo unha versión en galego con ritmo corporal da canción "Somos la Paz" de Unai Quirós. Cantarémola o luns, 30 de xaneiro.
- Creación dun mural a partir desta frase.
Está exposta diante da porta de biblioteca. Á dereita do mural hai unha mesiña con material diverso para escribir e debuxar. Pódese facer directamente sobre o mural ou sobre papel. Se vos decantades por esta segunda opción, cando teñades o traballo feito, podedes pegalo no mural.
O primeiro que tedes que facer é buscar información para investigar quen é o autor da frase.
En canto o saibades escribide o seu nome no mural.
A partir de aí pódense facer debuxos do autor, frases, reflexións... o que queirades. O límite pono a vosa imaxinación.
Grazas pola vosa participación.
Etiquetas:
arco da vella,
canción,
celebración,
investigación.,
lecturas para a paz,
mes da Paz,
mural,
Xaneiro
1/08/2017
Festival Nadal 2016
A orquestra do colexio fai sempre dous concertos ao longo do curso escolar. Un na festa de Nadal e o outro polas Letras Galegas.
Neste primeiro concerto interpretan unha muiñeira a dúas voces. Na introdución e remate da obra, o alumnado de infantil deléitannos cunha panxoliña: "Campanitas del lugar".
Desexamos que vos guste!
11/20/2016
Celebración Samaín-Magosto
Un curso máis, coa chegada do outono, celebramos a festa do Samaín - Magosto. Houbo moitas actividades: contos de medo, concurso de cabazas, xogos, castañada, ambientación da biblioteca...
Contamos... Aquí tedes os contos de terror enxeñados e ilustrados polo alumnado de 6º A ("De excursión polo monte") e 6º B ( "O misterioso e aterrador día de Samaín").
E cantamos...
A nosa biblioteca convertiuse nun lugar terrorífico e ao mesmo tempo acolledor, onde desfrutamos de arrepiantes historias inventadas e contadas polo alumnado de 6º A e 6º B. A verdade é que o pasamos de medo...
Contamos... Aquí tedes os contos de terror enxeñados e ilustrados polo alumnado de 6º A ("De excursión polo monte") e 6º B ( "O misterioso e aterrador día de Samaín").
E cantamos...
Etiquetas:
alumnado de 6º,
cabazas,
cantos,
castañada,
castañas,
celebración,
concurso,
contacontos,
contos,
diplomas,
magosto,
poemario Samaín,
Samaín,
terror,
xogos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)