Amosando publicacións coa etiqueta Voluntariado.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Voluntariado.. Amosar todas as publicacións

5/12/2022

ANUNCIAMOS CAMPAÑA DE EXPURGO "EN GALEGO XA, SI!

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas realizaremos unha campaña de expurgo en galego para o alumnado de Primaria, o venres 13 de maio, en horario escolar. 

Os libros están expostos na entrada principal da escola. Cada grupo baixará no horario establecido. O alumnado escollerá un libro que lle guste. 

O noso agradecemento a Cristela, Noa, Karen e Iván, alumnado do Voluntariado, por elaborar o cartel e preparar a exposición.

Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade. 

4/11/2022

RECUNCHO LECTOR ( 3º TRIMESTRE)

Aínda que a biblioteca está pechada porque estamos coas reformas, os recunchos lectores "Canto conto ten o profe" e "Vaille co conto ao profe" siguen activos este terceiro trimestre. As dúas actividades realízanse no mesmo recuncho situado no vestíbulo do colexio.



Noa, Karen, Cristela, Anxo, Uxía, Daniela e Noemí, alumnado do Voluntariado de 6º E.P., colaboraron montando o recuncho e elaboraron o cartel.

Premendo na imaxe, accederás as fotos da realización do cartel por parte do Voluntariado. 

Os calendarios das actividades están expostos na sala de mestres. 
Animamos aos mestres e mestras a participar.

4/08/2022

REFORMAS NA BIBLIO ( PROXECTO "BIBLIOTECA LÍA.3)

Pola nosa traxectoria de traballo e polo compromiso do equipo de biblioteca e do conxunto da comunidade educativa, este curso escolar fomos convidadados a participar no proxecto "Biblioteca LÍA.3"( Lectura, Investigación, Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. É o recoñecemento ao esforzo de tantos anos. 

Déronnos unha asignación económica importante para a mellora da nosa biblioteca. Aceptamos o reto da consellería co fin de mellorar as posibilidades da nosa biblioteca cara un centro creativo de aprendizaxes. 
Na semana do 4 ao 8 de abril, grazas á colaboración do Voluntariado de 5º e 6º de Primaria, ao alumnado de 4º E.P. e ao noso conserxe Pablo, baleiramos a biblioteca porque iniciamos as reformas.

1/29/2021

RECREOS NA BIBLIO ( XANEIRO 2021)

 DO 11 AO 15 DE XANEIRO 

DO 18 AO 22
DO 25 AO 29