Amosando publicacións coa etiqueta IV edición do Concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva". Concurso 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IV edición do Concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva". Concurso 2018. Amosar todas as publicacións

3/10/2018

Premiados, por partida dobre, no Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva"

O noso colexio participou por primeira vez no IV edición do Concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva" (proposta EDL).
Así empezou...
O mércores, 21 de febreiro, na biblioteca, convocamos a nivel de centro, o concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva" organizado polo equipo de biblioteca e o EDL.
Participaron no concurso: 
  • 1º categoría ( 1º-2º-3º E.P.): Lara Caamaño Alvite ( 1º EP); Guillermo Albo González e Noemí Alamancos Graíño ( 2º E.P.).
  • 2º Categoría ( 4º-5º-6º E.P.): Judith Martínez Papín, Valentina Sánchez Rey e Gabriela Rey Carballo ( 4º E.P.); Johana Haz Sar e Silvia Toba Corral ( 5º E.P.); Lucía Pazos Trillo, Carla Martínez Papín, Paula Lema Barrientos e Andrea Soneira Sánchez ( 6º E.P.)
Depois dunha gran deliberación por parte do xurado formado polos membros dos equipos organizadores da actividade, decidiuse que os gañadores do concurso na fase de centro serían: 
  • 1º categoría : Carla Caamaño Albite ( 1º E.P.), Guillermo Albo González e Noemí Alamancos Graíño ( 2º E.P.)
  • 2º categoría: Johana Haz Sar ( 5º E.P.) e Carla Martínez Papín ( 6º E.P.)
Así continuou...
O alumnado gañador nesta 1º parte participará na fase final que se celebrará na Casa Museo de Manuel María ( Outeiro de Rey- Lugo), o sábado, 10 de marzo.
As coordinadoras de ambos equipos decidiron que o alumnado do  1º ciclo ó tratarse de nenos tan pequenos participarían en grupo recitando un poema único: "O cuco" de Manuel María. Carla recitará "Negra sombra"  e Johana, "Paseniño, paseniño" de Rosalía de Castro.
Uns días antes da fase final, o alumnado practica na biblioteca, polos pasillos, nas aulas, no patio...

Así rematou...
Preme nas imaxes para ver as publicacións 




Lara, Guille e Noemí foron os gañadores na 1º categoría polo recitado do poema "O Cuco" de Manuel María  e a Carla concedéronlle unha Mención Honorífica na 2º categoría polo poema "Negra sombra" de Rosalía de Castro.

Recitando from Curuxa Catuxa on Vimeo.





































Parabéns!!