Amosando publicacións coa etiqueta guías de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta guías de lectura. Amosar todas as publicacións

11/11/2014

Lecturas para o 25 de novembro

Achégase o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Podes atopar moita información interesante sobre o tema no noso blog "O niño das apertas", e escoller algún dos libros que recomendamos. Para ler na casa, en clase, na biblioteca,... Para celebrar que todos somos iguais e diversos. Para darnos apertas. Clica na imaxe para acceder á lista de lecturas recomendadas.
Se queres acceder ao contido da guía, preme aquí.

1/20/2014

Por que debemos coñecelos?

Todos coñecemos persoas ás que admiramos por ser famosas, porque cantan moi ben ou porque nos gustan as súas películas. Pero hai outras persoas admirables polo que fan ou fixeron na súa vida polos demais. Na nosa biblioteca temos as súas biografías, e hoxe destacamos tres de entre elas: Gandhi, Teresa de Calcuta e Ana Frank. 
O seu nome completo era Mohandas Karamchand Gandhi, e naceu o 2 de outubro de 1869 en Porbandar, unha cidade do oeste da India. A súa familia era rica, e pouido estudar en Gran Bretaña, convertíndose en avogado. A pesar de disfrutar dunha boa posición, sufriu as inxustizas da discriminación pola cor da súa pel, e pouco a pouco foi decatándose de que o seu lugar non era o dos "gentlemen" ingleses, senón do pobo indio. Non loitou contra as inxustizas con bombas ou pistolas, senón cunha arma máis poderosa: a verdade. Por iso dicimos que é o artífice da "non violencia".


Preme para ver "on-line"
O seu nome verdadeiro era Agnes e naceu en Albania en 1910. Decidiu dedicarse ás persoas máis necesitadas nun dos lugares máis pobres do mundo, Calcuta (India). A súa frase "Os desherdados son os meus irmáns" expresa o seu amor polos máis débiles, cos que conviviu toda a súa vida. 

Preme aquí para ver "on-line"
Anneliesse Marie Frank era unha rapaza normal á que lle encantaba estar coas súas amigas, contarlles secretos, falar dos compañeiros da escola, facer deporte... Pero tocoulle vivir unha época difícil: a Segunda Guerra Mundial. Durante esta época os discapacitados, os homosexuais, os xitanos, os xudeus,... foron perseguidos e encerrados en campos de concentración. Agachada na casa familiar tivo a ocurrencia de escribir un diario, que se fixo famoso no mundo enteiro. Ela nunca chegou a coñecer o importante que foi para a todo o mundo cando rematou a Guerra. 

Xaneiro, mes da paz


O 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a paz", conmemorando a morte de Gandhi.
Preparando a celebración dese día, a biblioteca pon á vosa disposición os seus recursos, para os que tedes unha selección de libros e películas moi variada. 
Para axudarvos a escoller, imos achegarvos a algúns dos escollidos, para que poidades reflexionar sobre os conflitos da vida ordinaria e os extraordinarios conflitos que suceden polo mundo adiante.


Preme aquí para velo "on-line"
"Nun prado verde, á beira do gran río, vivía un pobo de coellos (...) Era un pobo ben organizado. Había coellos brancos e coellos negros. (...) Todos sabían moi ben o que tiñan que facer. Ata que un día unha coella negra e un coello negro tiveron unha camada de coelliños negros, e entre eles naceu unha coelliña á que chamaron Marcela."
Preme aquí para ver "on-line"

"O rei Cachobruto Segundo, monarca absoluto do vasto reino dos naipes, atopábase todos os días co seu veciño, Don Afiado Primeiro o Cruel. Mais non para ir mercar nin para celebrar a súa amizade ata altas horas da madrugada. Nooon!"
Preme aquí para ver "on-line"



A aldeíña gala que coñecemos ben vive en paz e, como sempre, os seus habitantes están alegres e amósanse amistosos, ata que un día....



9/08/2013

Para comezar en setembro

Hai moitas formas de atopar respostas ás nosas preguntas, e ás preguntas dos nosos alumnos e alumnas. Podemos empezar por consultar os libros da nosa biblioteca, moitos deles coa CDU 0, outros, os referidos ás ciencias, coa CDU 5, e outras moitas noutros apartados. Non esquezades consultar o noso catálogo, por se tedes máis curiosidade.  Contamos coa serie SM Saber, ou cos orixinais "Tienen los animales que lavarse los dientes?", ou "Respostas ás preguntas que nunca te fixeches". Tamén podes dispoñer da serie "Preguntas que poñen os pelos de punta". Se queres preparar algunha sesión na que poñer en xogo a capacidade lóxica, dispoñemos da serie "Cerebro en marcha", e se queres sorprenderte coa natureza, "Tamaño real" e  "Animales al natural". Non faltan libros que inclúen sinxelos experimentos, como a serie "Pregúntalle á doctora Peteiro" , ou "Primeiros Coñecementos de Ciencia". Achégate á biblioteca e descubre.