Chegan as festas de Nadal! Na biblioteca fixemos limpeza e buscamos persoas que queiran adoptar libros. Quen estea disposto a colaborar, non ten máis que traer unha postal de Nadal. Agasallarémolo con tres libros, e o gozo de darlle un novo fogar ás historias que conteñen. Queres participar?
Así foi o noso troco. Foi imposible fotografar a todas as persoas que responderon ao chamado. Pero para mostra, aquí tedes algunha testemuña. Feliz Nadal!
Amosando publicacións coa etiqueta colaboración b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboración b>. Amosar todas as publicacións
12/22/2023
12/20/2011
Os gañadores do AKIKEDEI
Os gañadores merecen un lugar de honra, pola súa destreza e a súa adicación. Por iso tamén queremos amosar aquí estes dous marcapáxinas.
O da Aula Específica, elaborado por Borja, Diego, Maribel e Estrela:

E o de Carmen, que ademáis de ofrecer o seu marcapáxinas, plastificou e recortou toooooooodos os marcapáxinas que levamos para casa. Grazas, Carmen. Que sería de nos sen ti e sen a túa ilusión!

Etiquetas:
arte,
colaboración,
marcapáxinas
12/15/2010
PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS
Podedes consultar aquí o documento que presentamos ao Ministerio. Por se é do voso interese...
Etiquetas:
bibliotecas,
colaboración,
premios,
traballo
11/19/2010
Bibliotecas escolares, espazo de colaboración
Grazas ao equipo de TIC´s do I.E.S. "Sánchez Cantón", de Pontevedra, dispoñemos desta magnífica presentación onde se nos amosa o papel da Biblioteca Escolar hoxe, como espazo de investigación e de cooperación.
Como se di no Blog das Bibliotecas Escolares : "Hay unha ducia de motivos para que as bibliotecas sexan contempladas, dunha vez por todas, como eses recursos imprescindibles para un ensino de calidade na sociedade actual". A biblioteca é a escola.
Etiquetas:
bibliotecas,
colaboración,
TIC´s
1/19/2010
Colaborar
Ás veces, os detalles máis pequenos son os que estragan a convivencia, e con algo de paciencia e moi bo humor podemos amañar as pelexas por estar diante na fila, por compartir un asiento, ou pola disputa do balón. Os "Pocoyós" da nosa escola poden tamén aproveitar os debuxos para aprender a convivir.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)