Amosando publicacións coa etiqueta marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta marzo. Amosar todas as publicacións

4/07/2022

ENTREGA DE PREMIOS "CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA"

O acto de entrega dos premios aos gañadores do "Concurso de lectura de poesía en voz alta" celebrouse nas aulas, o xoves 7 de abril.

A responsable da biblioteca, María José Abelleira, entregou un diploma e un agasallo a cada un dos gañadores/as.

Aproveitouse este acto para agradecer, a través dun marcapáxinas, a todos os participantes no concurso. 

GAÑADORES/AS:

Mª PILAR BREY MIRÓN ( 1º E.P.)

SIMÓN ESPASANDÍN PÉREZ ( 2º E.P.)
NICOLÁS BREY MIRÓN ( 3º E.P.)
GIANNI MAROTTA VILELA ( 4º E.P.)

CARLA CAAMAÑO LAMELA ( 5º E.P.)
INÉS MOLEDO BARDULLAS ( 6º E.P.)

3/31/2022

RECREOS NA BIBLIO ( MARZO)

Premendo en cada un dos espazos da biblioteca accederás ás fotos do mes de marzo.

Espazo de lectura

Espazo de consulta e xogo

Espazo fedelleiro

3/16/2018

Marzo, mes da Poesía


Temos este mes de marzo cargadiño de actividades relacionadas coa poesía e a música:
  • "Musicaligramas"
A actividade consiste en facer caligramas con formas musicales ( claves de sol, signos e figuras musicales, instrumentos, músicos...). 
Enriba da mesa da biblioteca hai unha caixa que contén o papel que precisas para facer a actividade. Escolle un verso ou poema e anímate a facer o teu caligrama. Cando o teñas rematado, pégao sobre o mural.


  • Recuncho de poesía: xa tedes no recuncho da biblioteca unha selección de libros de distintos poetas.
  • Concurso de "Lectura de poesía en voz alta"

O luns, 19 de marzo, celebraremos na biblioteca o VI Concurso de Lectura de Poesía en voz alta.
Contamos con 34 participantes
  • Festa da Poesía "Somos musipoetas"
Os músicos dos Muíños despedimos este trimestre, venres 23, recitando poesía. Cada curso recitará un poema propio relacionado co seu xénero musical. Contamos coa participación das familias e unha convidada especial: Rocío Leira Castro. Acollerémola con agarimo agradecendo a súa colaboración.

4/18/2010

Canto tempo!




Aínda que non o pareza, a curuxa non abandonou o niño. Simplemente, estivo moi atarefada, preparando, mirando, disfrutando, e agora quere contar todo o que leva acontecido neste longo mes de primavera.



O primeiro foi sementar poemas. Non é unha tarefa doada, pero sen dúbida a colleita foi boa. Co paso dos días, os resultados foron visibles.



Os pequechos, despois de lido o libro de "Frederick" puideron achegarse con máis confianza aos poetas, e mesmo elaboraron unha escolma de álbumes como homenaxe. Recitaron e cantaron, aprenderon rimas e trabalinguas.


Mentres, o sementado entre os lectores comezou a agromar: dos poemas plantados naceron outros novos, en forma de acrósticos, caligramas, e divertidas rimas. Neste video tedes varios exemplos.