4/18/2010

Canto tempo!




Aínda que non o pareza, a curuxa non abandonou o niño. Simplemente, estivo moi atarefada, preparando, mirando, disfrutando, e agora quere contar todo o que leva acontecido neste longo mes de primavera.



O primeiro foi sementar poemas. Non é unha tarefa doada, pero sen dúbida a colleita foi boa. Co paso dos días, os resultados foron visibles.



Os pequechos, despois de lido o libro de "Frederick" puideron achegarse con máis confianza aos poetas, e mesmo elaboraron unha escolma de álbumes como homenaxe. Recitaron e cantaron, aprenderon rimas e trabalinguas.


Mentres, o sementado entre os lectores comezou a agromar: dos poemas plantados naceron outros novos, en forma de acrósticos, caligramas, e divertidas rimas. Neste video tedes varios exemplos.

1 comentario:

  1. Esta presentación é moi gráfica, Susana, explica con moita claridade como foi o proceso desde a semente ata a colleita. Encántame, sobre todo á hora de comprobar cales foron os froitos.

    ResponderEliminar