A escola 2.0 non se esquece da tradición. Todo cabe no seu espazo, e as PDI e os ordenadores nunca substituirán as mans sabias dos artesáns. O señor Julio e o señor Pepe ensinaron aos escolares e aos mestres que o traballo manual, a tradición, o saber acumulado en anos de experiencia ocupan un lugar nas nosas vidas. O contacto coa terra, o esforzo e a paciencia producen obras que nunca perecen, e que nunca pasan de moda. Grazas aos nosos mestres, os sabios alfareiros, por compartir con nós todo o que saben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario