Amosando publicacións coa etiqueta recursos electrónicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos electrónicos. Amosar todas as publicacións

12/23/2014

Libros Comarea

As bibliotecas de Muxía reunímonos unha vez máis para facer as nosas recomendacións: libros e música para todos e todas, e a novidade de incorporarse ao proxecto "Galicia Le". Podes vela embaixo e descargala aquí.

10/16/2010

Biblioteca Dixital

Nun artigo anterior comentábamos as ventaxas que ten o programa MEIGA para utilizar os recursos en rede. Por se quedaba algunha dúbida, podedes seguir as instruccións deste video. Se exceptuamos a parte do comezo (na que se trata como entrar desde a biblioteca pública), o resto é perfectamente aplicable á nosa biblioteca. Non esquezas nunca o teu número de usuario da biblioteca. Está no teu carné!

9/24/2009

O Niño da Curuxa ten moitas posibilidades a disposición do profesorado e do alumnado. Se queredes conquistar illas perdidas nos inmensos océanos de internet, e meter nas adegas dos vosos barcos fabulosos tesouros, guiádevos polas seguintes pistas:


Na parte dereita do Niño podedes atopar un atallo para entrar no catálogo da Biblioteca.

Ao entrar no catálogo, veredes na columna da esquerda unha lista de atallos. Escollede, por exemplo, o de "Recursos Electrónicos".



Cando se abra esta nova ventá, intentaredes acceder a algún deles. Non poderedes. Como seguir avanzando? Escribide o código de usuario (o voso número de carné da biblioteca), e o contrasinal (o voso primeiro apelido).

Xa está o camiño feito. Agora poderedes viaxar sen problemas. Feliz singradura!