1/20/2013
Fina Casalderrey, na Academia Galega
Para nós é unha noticia moi importante porque é unha escritora adicada á literatura infantil, os libros que máis lemos na escola. Coñecemos a súa obra e disfrutámola a cotío. Queremos felicitar a Fina por esta boa nova, e felicitarnos a nós mesmos porque temos a sorte de contar cunha boa selección das súas publicacións na nosa biblioteca.
Para ir abrindo boca, podedes ver aquí as portadas. Fina Casalderrey na biblioteca on PhotoPeach
2/07/2010
Unha tarde con "Corcón"
Todos o coñecíamos xa. Algúns tíñano atopado por Muxía, outros só a través do seu libro, "Os piratas da Illa da Esperanza", que temos como libro de cabeceira en 6º, na clase de matemáticas, e na de lingua galega. Agardabámolo para que nos contase un montón de cousas. Comezou por explicar o significado do seu alcume: "O corcón é un peixe pequeniño, a cría do muxo", e pouco a pouco a clase foise enchendo de confianza. Xa eramos amigos, como os do clube de lectura "Pedra dos Corvos". Silvia pediulle que nos lera un fragmento de , as "Memorias dun neno labrego", o primeiro libro que el lembra ter lido. Dixo que o primeiro que escribira foi "O bebé máxico". Contounos que escollera "A Illa do Tesouro" como inspiración para "Os Piratas...",e fíxonos algunha confidencia. Soubemnos como quixo facerse escritor, e deunos algúns consellos, por se nós tamén queremos escribir... Rematou asinando todos os nosos exemplares de "Os piratas...", e estampou unha preciosa adicatoria no libro de visitas da biblioteca. Foi unha tarde moi curtiña, pero moi ben aproveitada. Agardamos que abarloe á nosa nave moitas máis veces.
2/02/2010
Vainos visitar Xosé Henrique Rivadulla "Corcón"
O vindeiro venres, día 5 de febreiro recibiremos a visita de Xosé Henrique Rivadulla, apodado "Corcón". Todos sabemos que é o autor de "Os piratas da Illa da Esperanza", pero seguro que desexamos aprender moitas máis cousas de el. Neste video, Corcón cóntanos por que se fixo escritor. Se queres coñecer a súa biografía ou aprender algo máis do seu traballo, podes clicar aqui.
É a páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Contén pezas da súa obra, fotografías, e enlaces a outros documentos. Nela verás que Corcón non so escribe novelas e poemas senón que tamén é guionista. De onde sacará o tempo para facer tantas cousas?
10/26/2009
In Memoriam

Anisia Miranda naceu moi lonxe de Galicia, alén do mar, na illa de Cuba, en 1932. Namorouse alí dun galego, Xosé Neira Vilas, e con el voltou a Galicia. Aquí viviu e escribiu para nós ata o pasado xoves, día 22 de outubro. Como xa non a temos connosco, lembramos as súas palabras, a súa imaxe e a súa voz. Se queres vela, preme aquí.
Se queres saber máis dela, preme aquí.