11/12/2008

Obradoiro das familias


Desde comezos de outubro estamos a reunirnos todas as tardes dos luns para disfrutar aprendendo moitas cousas sobre a literatura que máis lles gusta aos nenos e nenas do cole. Veñen 6 nais (María, Ali, Sole, Teresa, María José, Pilar e Margarita, e sete profes (Arantxa, Mari, Cris, Isa, Susana, Rocío e Celia). Ademáis, acompáñanos Alicia, que vén desde o porto de Muxía para ler con nós.
Agora xa temos moita práctica e podemos falar de álbumes, adaptacións dos clásicos e formas de ler. Coñecemos persoalmente a Winny de Puh (o de verdade, non o de Disney), e sabemos xogar cos animaliños creados por Beatrix Potter. Temos moito que contar...

2 comentarios:

  1. Graciñas a Mª José pola torta do luns pasado. Este luns, tal como prometín lévoa eu. (Que non se enteren os rapaces que se non fixémola boa). Estouno pasando fenomenal. A verdade: non pensei que ía saír como está saíndo. Chamádeme "malpensada" se queredes... Gústanme estas xuntanzas. Estou aprendendo unha burrada. Xa vou darlle a meu neto unha panazada de contos que vai flipar.

    ResponderEliminar