Hoxe visitáronnos Patricia e Alberto, que traballan na Editorial Kalandraka. Como algúns non sabían o que era, explicáronnos que "Unha editorial é unha fábrica de contos". E de alí trouxéronnos moitos, moitos. Podedes ver embaixo un resumo do que pasou.
Empezaron contándonos un conto moi premiado, que se chama "Cerca". Con el aprendemos que non debe ser tan difícil facerse amigos. Se premes no conto, podes ver un video do comezo....
Despois contáronnos o conto de Paco, un rato moi galáctico, que foi probar a lúa, porque lle contaran que sabía como o queixo fresco. E saberá así? De tan cansado que estaba, quedou durmidiño, alá enriba....
Como tiñamos moitas gañas de seguir escoitando historias, Patricia contounos a da Nube de Martín. Queres ver un anaquiño? Preme no conto.
E para rematar, a mellor de todas! A historia de "Garavanciño". Non sabedes a canción de Garavanciño? Nós aprendémola, e agora xa sabemos onde atopalo....
Ningún comentario:
Publicar un comentario