6/11/2009

Vivir en galego

O pasado sábado, 6 de xuño, Agustín Fernández Paz asistiu á entrega dos Premios Xerais, na illa de San Simón. Alí pronunciou un sentido discurso, no que incluiu unhas palabras de Martin Luther King, un Mestre da Paz:"As nosas vidas comezan a se acabar cando gardamos silencio sobre as cousas que realmente importan".

Este tríptico foi elaborado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, coa finalidade de informar ás familias, ao alumnado, e á sociedade en xeral acerca da situación das linguas en Galicia. Defendemos o dereito a ser competentes en galego e castelán, tal como está establecido no actual Decreto, que o garantiu ata o momento actual, sen conflito algún. Pica nel para poder lelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario