12/20/2009

Agasalla con libros

As mamás que participan no "Obradoiro das familias" veñen de preparar as súas recomendacións para agasallar con libros este Nadal. As ideas que expoñen no boletín non veñen da crítica literaria nin das listas dos máis vendidos: nacen da experiencia de ler en familia, de compartir e disfrutar. Elas, mellor que ninguén, saben o que prefiren os pequechos da familia. Botádelle unha ollada.

1 comentario:

  1. Gracias curuxa. ¿sabes que?As nais de Vide saben unha chea de libros e ata que lin a vosa entrada non me decatara de algo tan evidente como é que elas son as que mellor poden facer as recomendación de lecturas para o resto d@s nen@s da parroquia.
    Gracias de novo, por deixarme poñer as vosas gafas.

    Unha apreta de Nadal . Sabela

    ResponderEliminar