2/01/2010

Lección


Un dos días da semana pasada "tocou" comer coliflor de primeiro . Moitos enrugaron o nariz, así que Sandra, a nosa cociñeira, interrompeu o xantar e contounos a viaxe que fixera a coliflor ata chegar aos nosos pratos:
- O transportista deixouna na cociña para que as encargadas puideran preparala.
- Sandra e Lola limpárona.
- Botárona a cocer nunha ola con auga fervendo, ata que estivo "al dente".
- Sandra e Lola escorreron a coliflor.
- Partiron toda a coliflor en "floretes".
- Sandra e Lola rebozaron a coliflor en fariña e ovo.
- Sandra e Lola fritiron todos os floretes de coliflor en aceite de oliva. Sandra especificou que o aceite de oliva era un luxo que non todos se podían permitir.
- Engadíronlle queixo "mozarella" para mellorar o sabor, e facela máis apetitosa. Sandra sinalou que isto non se facía en todas partes, porque o queixo "mozarella" é un ingrediente pouco habitual.
- Pasaron a coliflor nunha bandexa ao forno, para que rematara de facerse e se mantivese quente. Sandra resaltou que non en todos os coles había forno.
- Sandra rematou dicindo que se gastaran demasiados cartos e tempo para rematar tirando a coliflor no caldeiro do lixo.
Cremos que todos, aparte da deliciosa receita, temos unha lección aprendida.
Grazas, Sandra.

3 comentarios:

  1. Asi me gusta.Felicitade a Sandra e Lola,saben traballar en equipo,e saben darlle valor os alimentos e o traballo.Bicos a todo o centro..IRENE

    ResponderEliminar
  2. Mui ben.Temos que estar contentos de que os nosos nenos teñan cociñeiras que cociñen con Amor e trasmitan cultura culinaria que tamen e moi importante.Bicos e Felicidades. Maria

    ResponderEliminar
  3. Estaba deliciosa. Eu tentara facela unha vez na casa e non me saíra nin parecida. Despois de escoitar a Sandra xa sei porque foi: cocina demasiado e despois era moi difícil de rebozar. Os rapaces, en realidade, non teñen a culpa de ser mal comedores. É responsabilidade das familias habitualos a comer de todo desde pequenos. A algúns, se lles preguntas, só lles gusta a pizza e as hamburguesas... As bocas tamén hai que educalas!

    ResponderEliminar