6/01/2010

Os sons do Courel

A curuxa sae de cando en vez do seu niño para ver, ouvir, sentir e aprender. Despois de tanto escoitar falar de Novoneyra non puido resistir a tentación, e buscou as árbores, os camiños, as fontes e os regatos que Uxío coñecía. Trouxo un resumo do que viu para compartilo. Un pequeno anaco dos sons do Courel, para escoitar cos ollos pechados, ou acompañalos co verde brillante da Devesa de Rogueira.
O Courel ocupa un 1% da superficie de Galicia, pero contén máis do 40% das variedades de fauna e flora. Agora que se achega o día do Medio Ambiente, paga a pena valorar a importancia que este recuncho ten para a pervivencia da nosa paisaxe.


Se queres disfrutar dalgún outro paseo virtual, podes visitar esta páxina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario